Fidel Vidal. O dous de novembro deste 2019 faleceu Marie Laforêt aos oitenta anos de idade. Non podo senón lembrar que nos meus anos de mocidade e adolescencia foi unha icona da muller fermosa de quen todos ficamos namorados; a imaxe ideal, mesmo no sentido relixioso, de adoración, pois falamos dunha imaxe Seguir lendo Marie Laforêt, vítima dun crime
Arquivo da categoría: Ensaio
Narrador e biógrafo de Rianxo

Pastor Rodríguez. Xosé Ricardo Losada, nacido en Rianxo en 1961, profesor de Filosofía no ensino medio, colaborador de La Voz de Galicia e da revista noiesa Alameda, no ano 2005 publicou un libro de relatos, O xene da chuvia, onde xa se manifestaba a súa mirada diferente e orixinal. Seguir lendo Narrador e biógrafo de Rianxo
Séneca connosco
Román Arén. Lucio Anneo Séneca (4 a. C.- 65 d. C) é un dos autores fundamentais da Idade de Prata de Roma, o que o situou por detrás dos autores da idade dourada (Virxilio, Horacio, Cicerón, Ovidio…). Pero o seu influxo foi moi importante na cultura occidental a través do estoicismo, filosofía da que foi o gran mediador, máis ca un construtor dun sistema filosófico. Discípulo de Fabiano, do pitagórico Soción de Alexandría, pero, sobre todo, de Átalo, de quen tomou a liberdade para acoller todo o bo que tivesen outras escolas fóra do estoicismo. Viviu moitas vidas: político, orador, exiliado, mestre de Nerón, especulador… Pero a súa prosa segue a interpelarnos. Seguir lendo Séneca connosco
Bendito porco inmundo

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunha carta de Mahmet Alí a Usbeck, recollida por Montesquieu nas súas Cartas persas, cóntase como Noé organizou a arca e botou todos os desperdicios dos animais contra un lado, sen decatarse de que eran tantos que a barca comezou a escorar. Aconsellado con Deus, Noé virou a postura dos elefantes para que a súa bosta caese na outra banda e compensase a escora. Seguir lendo Bendito porco inmundo