Arquivo da categoría: Ensaio

Os Borbóns en pelota

Borbones_en_pelotaFidel Vidal. DORIO DE GADEX: Sabe vostede quen é o noso primeiro humorista, Don Filiberto? /DON FILIBERTO: Vostedes os iconoclastas dirán, quizais, que Don Miguel de Unamuno. / DORIO DE GADEX: Non, señor! O primeiro humorista é Don Alfonso XIII. /DON FILIBERTO: Ten a viveza madrileña borbónica…  (Valle-Inclán, Luces de Bohemia). Seguir lendo Os Borbóns en pelota

Fotos

collage-digital_19-100825Antón Riveiro Coello. Para Cansinos-Asséns viaxar é só un movemento da imaxinación, algo fantástico para os sedentarios, ou unha tortura cando viaxas con mentalidade de pobre e o queres ver todo, mallando o corpo moito máis que cando estás a traballar. Gustaríame saber cal é a porcentaxe real de viaxeiros no sentido estrito da palabra, é dicir, persoas que marchan só con billete de ida Seguir lendo Fotos

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXV. Un ultraísta: Tomás Luque

58119445Román Arén. Foi o ultraísmo a primeira vangarda española organizada, con centros en Madrid e Sevilla, pero con presenza noutras ciudades como Oviedo ou Valladolid. Unha vangarda sintética: expresionismo, futurismo, cubismo, creacionismo, dadaísmo. Unha ruptura co Modernismo, aínda que moitos dos ultraístas tiña esa orixe e conviviron co postsimbolismo. Un movemento no que Rafel Cansinos-Assens e Guillermo de Torre, eran as figuras dominantes, pero no que tiveron un papel importante galegos como Eugenio Montes, Xavier Bóveda, Ramón Goy de Silva, Juan Vidal Martínez ou Emilio Mosteiro, mais tamén con sinaturas máis ocasionais, como foi o caso de Vicente Risco ou Valle-Inclán. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXV. Un ultraísta: Tomás Luque