Román Arén. Durante anos foi só unha sombra na historia do Ultraísmo, en realidade chamábase Lucía Sánchez Saornil, nacida en 1895 de oficio telefonista. Comezou como modernista, publicou en <Los Quijotes>, <Cervantes>, anunciou un libro, nonnato, Estuario e marchou a Valencia. Militante da CNT, feminista, periodista, fundou <Mujeres Libres> e dirixiu na guerra <Umbral>. Amiga do pintor galego Fernández Mazas, pero tamén do falanxista Eugenio Montes. Tras a guerra marchou ao exilio e en 1975 comezou a ser recuperada grazas a Mary Nash e hoxe está xa compilada a súa poesía. Colaboradora de <Cosmópolis>, <Martín Fierro>, <Plural>, <La Gaceta Literaria>, <Tableros>, <Ultra> de Madrid e <Gran Guiñol>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIV. Unha sombra recuperada: Luciano de San-Saor
Arquivo da categoría: Ensaio
Sobrevivir a Chopin
César Alen. Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relación, as que perecen no intento. Só as almas grandes, os espíritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparición no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de… Unha desas almas grandes foi George Sand, a grande escritora francesa, que superou o estigma de ser a muller do músico polaco Chopin, coñecido e recoñecido universalmente. Pero ela fíxoo, e fíxoo con éxito, con coraxe, cunha absoluta entropía, que nun xogo de contrastes levouna a atopase a si mesma. Seguir lendo Sobrevivir a Chopin
14,73 con acento galego

Fidel Vidal. No Preámbulo da Constitución advírtese da necesidade de protexer os pobos de España “no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións”. Deseguido convén recordar o punto 2 do Artigo 3 no que, canda o castelán, as demais linguas son “un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. Seguir lendo 14,73 con acento galego
Frases con sorpresa
X. Ricardo Losada. Sempre me preguntei por que hai frases que lle gustan a todo o mundo. É un exercicio moi instrutivo. Coller unha frase como “Oh, si, aprendín dos meus erros, e por iso estou preparado para repetilos exactamente”, e comprobar como case todos os lectores reaccionan da mesma forma. Sorpresa, iluminación, revelación, entusiasmo. Sorpresa porque rompe co tópico: o normal é pensar que aprendemos dos erros para non volver cometelos. Iluminación porque en canto superamos o paradoxo inicial, acéndese unha luz de aceptación na nosa cabeza. Revelación porque de súpeto descubrimos unha verdade que non queriamos ou non sabiamos enunciar Seguir lendo Frases con sorpresa