
Francisco Ant. Vidal Blanco. Nótase que estiven no dentista. Nunha completa biblioteca de revistas con máis fotos ca letras, desas que nos gusta follear a todos a pesar de que non todos podemos levar a marabillosa vida dos alí retratados.
Fidel Vidal. Os adornos, coma os ritos e os complementos, son quen de sinalar aquel que posúe o poder. Hamm conta co trono (unha cadeira de rodas necesitada dun engraxe de aceite de vez en cando, unha especie de `papamóbil´ tirado por Clov), non lle falta a coroa (un solideo propio de xerarquías e príncipes da igrexa) e pode presumir do toisón de ouro colgado ao pescozo (o chifre). E o máis importante de todo: os súbditos, nesta ocasión un único supeditado e in/satisfeito servo. O criado, no seu papel, ademais de o manter -ou mantéñense (sopórtanse) ambos os dous, amo e criado, nunha sobrievida, nunha sobriedade e nada natural vida- é o encargado de o sinalar converténdoo nunha persoa importante. Seguir lendo De amos e escravos: a servidume
Xosé Manuel Lobato. Ansiedade inquietante, o Ulla por primeira vez despois do verán baixa atoldado, as máscaras xa están preto e só hai que ensaiar. Outros tempos aqueles, como mínimo catro meses de preparación, porque o éxito era fiel aliado do esforzo e o convencemento.
Dunha e doutra ourela do río un único obxectivo, imaxinación ao poder para argallar e crear, sempre coa dose necesaria de exclusividade para sorprender e superar a todo pasmón que ía contemplar, e fundamentalmente superar, a potenciais adversarios. Seguir lendo Celme mascarada
Román Arén. Foi Balbontín un dos escritores españois máis prexudicados polo exilio, que cortou a súa carreira de político e xornalista de esquerdas, sempre próximo ao pobo, mesmo na súa poesía na que destacan InquietudesI (1925) e Romancero del pueblo (1931). López Abiada editou unha Antología poética (1910-1975) do autor en 1983, o que facilitou o coñecemento do escritor entre os lectores actuais. Nacera o madrileño Balbontín en 1893 e tras a guerra exiliouse en Londres, aínda que volveu a España, para morrer na súa cidade natal en 1977. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. José Antonio de Balbontín