Arquivo da categoría: Ensaio

Ao abeiro da Atalaia

Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar
Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar

Pedro García Vidal. O que Porto do Son foi no pasado configura a súa estrutura e fisionomía actual. Na imaxe ollamos unha representación sintética dunha historia de séculos que comeza no momento mesmo da instalación humana neste lugar. No emprazamento elixido -o linde máximo das augas calmas da ría- o mar asolágao todo. Seguir lendo Ao abeiro da Atalaia

Melenas

hippie-modernoX. Ricardo Losada. Como me considero unha persoa realista, valoro moito a utopía. Dito doutra forma: non creo que exista a felicidade absoluta pero si creo posible acadala sempre que adoptemos o punto de vista cínico de Groucho Marx: A felicidade está nas pequenas cousas: unha pequena mansión, un pequeno iate, unha pequena fortuna. A un amigo meu, máis realista aínda ca min,  e inimigo acérrimo das utopías, tocáronlle na primitiva tres millóns de euros. Seguir lendo Melenas

Comezo de partida: Beckett-Kurtág

9788490661123Fidel Vidal. Samuel Beckett escribía as obras de teatro en francés e despois pasábaas ao inglés. Estranxeiro na súa lingua ao renunciar da lingua materna: “A miña propia lingua aparéceseme como un velo que debe ser esgazado para chegar ás cousas ou á nada detrás del… Perforar un burato tras outro na linguaxe, até o que agrome por detrás –sexa algo ou nada- comece a filtrar”. (Carta alemá, S. Beckett, 1937). Se tardou un mes en rematar Esperando a Godot, necesitou dous anos para a súa outra notoria e non menos emblemática Final de partida. Estamos ante a final dunha competición, dunha partida de xadrez na que só quedan catro pezas. Seguir lendo Comezo de partida: Beckett-Kurtág

Díaz Baliño, dous irmáns artistas

camiloPilar Sampedro. Neste último mes asistimos a un par de exposicións nas que descubrimos  os irmáns Díaz Baliño: Camilo e Lolita. Camilo compartía espazo co seu fillo, Isaac Díaz Pardo, nos salóns de Fonseca na mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela, comisariada por Xosé Ramón Fandiño e Gloria López. Alí, cóntase que Camilo se despraza a Compostela para encargarse do taller de escenografía e deseño da empresa de espectáculos Fraga, foi delineante do concello, deseñou as capas dos libros para a colección Lar Seguir lendo Díaz Baliño, dous irmáns artistas