Gonzalo Trasbach. Un día na piscina, unha veciña de Cespón que estivera vivindo moito anos fóra recoñeceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. Díxenlle que Filosofía. E entón ela riuse. Non me pareceu mal. Fíxome lembrar a anécdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque camiñaba abstraído nas súas meditacións, mentres a súa criada se esmendrellaba. Ademais este non é un motivo para anoxarse, e menos indignarse, tal como lle diría o mestre don Juan ao seu alumno, Carlos Castaneda (1925-1998). Por certo, neste ano que agoniza, cumpriuse o 50 aniversario de Las enseñanzas de don Juan, o mítico libro de Castaneda que exerceu unha potente fascinación Seguir lendo As ensinanzas de don Juan
Arquivo da categoría: Ensaio
Don Hamlet, colgado ou suspendido?
Fidel Vidal. Non abonda con amar. Nada diso. É necesario dicilo, expresalo. E xamais renunciar nin ao amor nin ás palabras que o din. Velaí a diferenza entre o amor como afecto e o amor como paixón.
HAMLET.- ¿Que é amor? Ofelia, Amor é seguirte. Seguir lendo Don Hamlet, colgado ou suspendido?
Limiar Anuario 2018
X. Ricardo Losada. Se ten razón Paul Klee (A arte non reproduce o visible, fai visible), este anuario é arte. Facer visibles persoas, acontecementos e documentos que de outro xeito se perderían para sempre no inconsciente da historia é o seu obxectivo máis inmediato. E digo inconsciente, conscientemente. Porque esas persoas, acontecementos e documentos seguirían influíndo no noso comportamento sen dármonos conta e, xa que logo, dunha forma individual e socialmente patolóxica. Seguir lendo Limiar Anuario 2018
Nicolasa Añón, a poetisa popular
Pastor Rodríguez. Aínda que é unha muller, Rosalía de Castro, a figura principal da literatura galega no século XIX, non son moitas as figuras femininas que cultivaron o galego nese período, e todas son dignas de atención. A pesar disto, Nicolasa Añón Paz, a irmá do poeta Francisco Añón, é un caso diferente, pois non é unha poetisa culta, senón o testemuño mellor que temos da poesía popular, unha fistora, unha escritora sen estudos que, con todo, estaba chea de creatividade. Nacida en Boel, Outes, en 1810, ata 2014 só coñeciamos dúas composicións en galego desta autora, que Lisardo Rodríguez Barreiro nos transmitira en 1890 no seu libro Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia. Seguir lendo Nicolasa Añón, a poetisa popular