Pilar Sampedro. Poucas persoas poden falar de lectura coa bagaxe acumulada de Antonio Basanta; o que foi presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) e hoxe vicepresidente e padrón, leva toda a vida traballando coa lectura, facendo posible a creación de expertos e expertas, construíndo bibliotecas e centros de estudos, casas do lector, publicacións… e todo o que resultaba necesario para a creación da sociedade lectora que tanto el como o fundador de Anaya e da FGSR defendían. Ninguén coma el ten seguido tan de cerca a evolución dos libros e a lectura neste tempo, como demostran os máis de 30 libros educativos relacionados coa promoción da cultura. Seguir lendo Antonio Basanta. Leer contra la nada
Arquivo da categoría: Ensaio
Meigas e marisco
Francisco Ant. Vidal Blanco. En certa ocasión, invitado a unha mariscada en Madrid por mor dun asunto laboral, un dos comensais, diante dunha fonte de nécoras, aseguroulle a Xulio que iso para el debía ser a comida de cada día, polo simple feito de ser galego. Seguir lendo Meigas e marisco
Os aventados de Elsinor
Fidel Vidal. Hai bos e malos ventos. E hainos terroríficos. Os peores son os improdutivos e destrutivos, os furiosos e baleiros. Mesmo houbo, e seguirá habendo, ventos de antiga raizame. De nome e sona. Por boca de Xesús Pisón (Ei, Feldmülle!, 1991) fala o Vento e proclámase curmán por parte do Nordés de Burela, “mesmo casado cunha filla do Señor Siroco, príncipe dos desertos, que me ensinou o seu asubío”. Seguir lendo Os aventados de Elsinor
Happy End
Ignacio Castro Rey. Vomitiva á maneira de Thesquare, no “inquietante”. E politicamente funesta, pois Happy End (M. Haneke, 2017) é dogmática no seu nihilismo, facendo un uso sistematicamente perverso das nosas perversións, até agora parciais. Haneke eríxese en xestor da nosa parálise, por iso resulta adorábel nos círculos intelectuais. Á saída da película, a elite europea séntese un pouco mellor, pois ten localizado o mal e ademais está fóra dela, xa que se atreve a nomeala. Todas as longametraxes que lembramos del (Haneke) debuxan o conforto do inferno, ao menos para os que o miramos en panorámica de turista. Seguir lendo Happy End