X. Ricardo Losada. Xa teño dito aquí que leo con frecuencia no paseo marítimo. Como é lóxico, a xente pasa e ás veces para (en ningún caso se levan botella de auga e chándal de marca) e ponse a falar comigo. Moitos deles a pesar de que temen molestarme ou facerme perder a concentración. Para nada, dígolles con sinceridade. Eu recupero a concentración moi rápido e encántame pasar do mundo da ficción ao mundo real e volta de novo, e con toda naturalidade, ao mundo da ficción. Seguir lendo A fama dos libros
Arquivo da categoría: Ensaio
Un paso cara á igualdade
Antón Riveiro Coello. No ano 1992, cando eu traballaba de funcionario no Ministerio de Educación en Madrid, solicitei o tempo de lactación da miña filla pequena, que era aleitada con biberón. Sumaba a esta circunstancia o feito de que a miña muller estaba en excedencia e tiñamos os meus sogros enfermos. Lembro a cara de estrañeza da muller que rexistrou a miña petición no Ministerio. Debeu de pensar que o meu sentido andaba polas silveiras ou que eu quería emular eses castrexos que, derreados, se deitaban uns días nas pallas logo de que parisen as súas mulleres. O certo é que a miña instancia provocou unha reunión do ministro Rubalcaba cos seus funcionarios para estudaren o tema. Seguir lendo Un paso cara á igualdade
Galicia e os galegos na poesía castelá C. Jovellanos
Román Arén. O asturiano Gaspar Melchor de Jovellanos (1744-1811), de familia nobre, foi personalidade polifacética: maxistrado, político, dramaturgo, pedagogo, poeta…, un verdadeiro polígrafo. Ministro de Graza e Xustiza, preso en Mallorca de 1801 a 1080, foi membro da Real Academia Española, da Real Academia da Historia e da de San Fernando. Tende a lerse a súa prosa, coñecese ben o seu teatro (a comedia lacrimóxena), e algo menos a súa poesía, ben editada en 1961 por José Caso e estudada non só por este senón tamén por Gerardo Diego e John Polt. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá C. Jovellanos
As primeiras regulacións na construción das vilas
Pedro García Vidal. Ata o século XIX, só as limitacións de policía poñían límite ao dereito a edificar dos cidadáns. Ata este momento, toda a actividade urbanística, que era netamente municipal xa que o Estado apenas interviña, viña rexéndose por “normas de policía urbana” que regulaban multitude de aspectos moi diversos, entre os que estaban os urbanísticos.A denominada policía urbana comprendía unha serie de cometidos a cargo do Concello, que tiñan directa relación coa seguridade, salubridade, comodidade e ornato das poboacións. Por iso, con respecto ao urbanismo, as normas de policía urbana teñen unha grande importancia. Seguir lendo As primeiras regulacións na construción das vilas