Antón Riveiro Coello. Con oito anos, un amigo e mais eu percorriamos os bares da vila cantando panxoliñas. A xente metíanos cartos na caixa da guitarra. A música era un negocio redondo. Máis adiante, xa de mozos, disfrazámonos de mimo e ocupamos a rúa para tocar uns segundos cando nos botaban algo. A idea só era impresionar, pero o espectáculo, sen pretendelo, virou en algo lucrativo Seguir lendo A conclusión do espello
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá XCIX. Unha cubana: Reina Rodríguez
Román Arén. Reina María Rodríguez, habaneira de 1952, licenciada en Literatura Hispanoamericana e editora da revista <Azoteas>, comezou como poeta en 1975 con La gente de mi barrio, para publicar logo outros trece poemarios. Gañadora do Premio Casa de las Américas en 1984 e 1998, en 2014 foi Premio Pablo Neruda, pero xa gañara en 2013 o Premio Nacional de Literatura, entre outros galardóns. Os seus poemarios máis recentes son Variedades de Galiano (2008) e El piano (2013). A presenza dos galegos en Cuba foi grande, e iso tiña que ter pegadas na literatura da illa, e así o manifesta tamén a poesía de Reina Rodríguez: no seu poemario de 1975 o texto “Doña Felicia” contén alusións a Galicia. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCIX. Unha cubana: Reina Rodríguez
Un principio ben contado

Francisco Ant. Vidal Blanco. De tantas películas que se fixeron sobre indios e vaqueiros, aínda a ninguén se lle ocorreu contarnos como chegaron os cabalos e as vacas ao oeste americano. Ou como entraron en California os cítricos e as vides. Non é que as películas do oeste non sexan interesantes, pois poucas veces os westerns abarcaron tantos ámbitos sobre a condición humana en comparación con calquera outro xénero Seguir lendo Un principio ben contado
Lances dun busto
Pastor Rodríguez. A fotografía é de 1969 e a pétrea efixie do creador do esperpento está humildemente pegada ao chan da Curotiña con cemento. No camiño perdeu o pedestal, e antes foi expulsada dos xardíns de Pontevedra, onde se atopaba dende 1936. O alcalde da boa vila pontevedresa, Juan Argenti, non gustaba do autor das Sonata,s e quizais tampouco do creador deste busto primitivista, neorrománico, Benito Prieto Coussent, quen estivera ao estoupar a guerra no cárcere. E así agasallou a Pobra en 1954 coa estatua, que chegou a esa vila por mar, e que estivo tirada a carón da lonxa vella ata 1960. Seguir lendo Lances dun busto