X. Ricardo Losada. Hai días que escollo ás cegas na miña biblioteca persoal un libro de poesía, ábroo ao azar, aprópiome do primeiro poema que apareza e lévoo a pasear comigo. Se é moi curto, memorízoo; se é extenso, escríboo a man nun papel. O outro día levei este poema de Manuel Antonio: “Os habitantes d´a cidade que o / arquiteuto leva n-a cabeza / viven n-o planeta que non des- / cobriron os astrónomos”. Seguir lendo Poemas asasinos
Arquivo da categoría: Ensaio
Nostalxia
Fidel Vidal. “A nostalxia é unha tristeza invencible que se enseñora da alma”, di Carlos Gurméndez (Dez sentimentos clave, FCE, 1997), “derivada do sentimento de melancolía que crea a amada perdida, os amigos distantes ou a morriña da terra deixada tralo inabarcable horizonte” (p.48). Seguir lendo Nostalxia
Finxidores
Antón Riveiro Coello. Se como di Ciorán a mentira é unha clase de talento, os máis dos escritores deberiamos de nos sentir dotados porque a literatura dalgún xeito é unha mentira asumida por todos. O noso oficio non é outro que procurar historias na nosa imaxinación e contalas para que sexan verdade dentro do texto. A quen lle importa unha mentira ben contada? Pois ben, na vida real, da que tanto nos nutrimos os creadores, a xente do común usa a mentira para construír outros relatos que case sempre adoitan ter obxectivos escuros que non debemos aceptar. Seguir lendo Finxidores
Galicia e os galegos na poesía castelá XCVIII. Outra vez Góngora
Román Arén. As brutais décimas gongorinas alporizaron a Francisco Trillo Figueroa, galego establecido en Granada, que respostou cunhas décimas contra Andalucía. Tamén Quevedo respostou, non para defnder a Galicia, senón para aludir á pretendida liñaxe xudía de Góngora.
Tamén se atribúe a Góngora un duro soneto contra Galicia:
Pálido sol en cielo encapotado,/ mozas rollizas de anchos culiseos,/ tetas de vacas, piernas de correos,/suelo menos barrido que regado;/campo Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVIII. Outra vez Góngora