Sara Tubío Rial. Traballando a Nietzsche en clase de filosofía vimos distintos aspectos que criticaba: a filosofía, a relixión e a ciencia. Chamoume a atención que criticase a ciencia por ser demasiado mecanicista e positivista; é dicir, porque rexeita que os seres humanos actuemos como máquinas, de xeito predicible, e porque defende que hai unha forza, que fai que o ser humano actúe ansiando ser cada vez máis e máis. El chámaa vontade de poder, e non vou definila porque, como diría el, mataría con conceptos algo inexplicable. Se ben é certo que no día a día realizamos accións rutineiras, hai moitas outras que levamos a cabo grazas a esa forza interna que nos dá o empuxón necesario para ansiar ser máis, facer máis, lograr máis. Seguir lendo Vontade de poder, o motor da vida
Arquivo da categoría: Ensaio
Bromas
Antón Riveiro Coello. Fun obxector de conciencia, pero, aínda así, sufro a mili nesas conversas ateigadas de anécdotas doutros amigos que si tiveron que pasar por ela. Calquera pretexto é bo para introducir o tema e castigarte coas aventuras dun período inútil ao que, con todo, moitos lles tiran certos beneficios como o de apañar grandes amizades ou facerse home de vez. Nesa “formación” contaban, é moito, as bromas, as máis das veces brutais, infrinxidas aos recrutas. Seguir lendo Bromas
Grafomanía
X. Ricardo Losada. Teño certa querenza, como lector, polos textos en prosa de poetas. Auden, Zagajewsi, Szymborska, serían tres bos exemplos. Desta última acabo de ler un curioso libro titulado Correo literario e pareceume apaixonante. É unha antoloxía das mellores respostas que a poeta polaca lle deu a aqueles escritores que querían publicar por primeira vez nunha revista literaria na que ela formaba parte do consello de redacción. É un libro imprescindible para aqueles escritores principiantes que se cren os afagos hipócritas que lles fan amigos, familiares ou escritores aos que lles pasan os seus manuscritos para pedirlles opinión, convencidos de que van ser sinceros. Seguir lendo Grafomanía
A culler como obra de arte
Fidel Vidal. A forma actual da culler -un utensilio usado desde a prehistoria- toma forza cando se realiza en madeira, e cobra relevancia no século XV desde que Nicolás de Cusa aposta por este instrumento para establecer unha teoría sobre a arte. A arte como imitatio da natureza, se ben a culler non se parece a nada existente, malia que o seu nome derive de cuncha ou de cóclea, a forma dun caracol, onde falta o mango tan propio da mesma. O home imitando ou copiando a natureza. Paul Klee dicía que a arte non debe copiar o visible senón facer visible, ofrecer algo novo creado polo artista. Seguir lendo A culler como obra de arte