Fidel Vidal. Jean Piaget (1896-1980) prohibira que ninguén entrase no seu despacho, maiormente os encargados da limpeza, porque llo “ordenaban”, en especial os libros espallados pola mesa. Quer dicir, que o desordenaban segundo o seu criterio e forma de traballar. Debemos diferenciar a orde natural, aquela que vén dada polas necesidades do labor no que se anda (e pode ofrecer unha primeira imaxe de desorde), da orde artificial, establecida por razóns dunha certa colocación depen-dendo do alfabeto, das materias ou mesmo das cores. Dicir o nome Piaget é mencionar un auténtico sabio, unha das máximas autoridades en psicoloxía infantil, particularmente no que se refire ao desenvolvemento da intelixencia Seguir lendo A psicoloxía infantil e a nova educación, de Jean Piaget
Arquivo da categoría: Ensaio
Biografías de mulleres notables para a infancia
Pilar Sampedro. As rapazas precisan modelos de mulleres que ocupan o espazo público ao longo da Historia, mulleres que se adiantaron ao seu tempo e son espellos nos que mirarse as nenas de hoxe. Esas mulleres foron invisibilizadas no pasado, polo que debemos facer o esforzo por mostralas na actualidade. A iso responden certas selos de libros dirixidos á infancia. Seguir lendo Biografías de mulleres notables para a infancia
A construción de Manuel
Antón Riveiro Coello. Cando vivía en Madrid visitáronme os avós e mirei de escoller ben os lugares para llelos mostrar. O curioso é que eles xa traían cadanseu desexo e non quedou outra que atender as súas escollas. A avoa quería fotografarse con xente importante no Museo de Cera para despois presumir na aldea do ben relacionado que estaba o seu neto na capital. Seguir lendo A construción de Manuel
O peso dunha foto
Francisco Ant. Vidal Blanco. Sabido é que as fotos teñen un peso que aumenta cos anos, unhas veces para ben e outras para non tanto, e se non que llo digan a Moncho, que é sinalado pola rúa por un amor que el di inexistente. Mais cando o río sona… A pesares de non ter sido nunca un mozo de éxito, certo día, cando estabamos en clase de Química Seguir lendo O peso dunha foto