Arquivo da categoría: Ensaio

As e Os=?

evita-el-machismo-infantilPatricia Torrado Queiruga. Nese mesmo momento acababa de decatarse de todas as cousas que no mundo nos diferencian. Dun xeito tan sinxelo como saír dun concerto fermoso, no que a vocalista se dirixiu ao público soamente de xeito feminino. Á saída, el dixéralle que o concerto fora impresionante, pero que lle molestara un pouco que só se referise ás mulleres. Seguir lendo As e Os=?

Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (II)

S AntonioRomán Arén. La romera de Santiago ten tamén protagonista galego, o criado Relox. O conde, o seu amo, gaba o campo galego (locus amoenus) pero o criado interésase por Ribadavia, o “rei dos viños”.

Escarmiento para el cuerdo amosa un criado galego que ridiculiza a súa etnia e o seu país, onde ata pon a súa nai por puta: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (II)

Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (I)

Tirso_de_MolinaRomán Arén. O caso de Frei Gabriel Téllez, Tirso de Molina (1548-1648), é especial polo número de obras teatrais de tema galego e porque os seus panexiristas galegos, os compañeiros de orde relixiosa, a da mercé, os padres Gumersindo Placer e Luís Vázquez Fernández, sosteñen que a súa visión de Galicia é, en xeral, positiva. Engádese a isto que debeu coñecer ben o oriente de Galicia e, aínda con intencións paródicas, o seu dominio do galego foi mellor có de todos os seus contemporáneos non galegos; así, Xosé M.ª Álvarez Blázquez inclúe un poema de Tirso na súa escolma de poesía galega. Hai acordo tamén en que foi o mercedario un dos tres mellores dramaturgos do Século de Ouro. O mesmo sostén (“o especial aprezo que Tirso de Molina tiña por Galicia”) Caramés Martínez. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (I)

Epidemia de cólera en Porto do Son en 1854

BY25C4F3_205130Manuel Mariño del Río. En boa parte do século XIX reduciuse notablemente a mortalidade, constituíndo un dos elementos que sinalaban o camiño cara á modernidade. Malia todo, como deixaron escrito varios autores, seguíanse coñecendo algunhas epidemias mortíferas, situándose o cólera en primeiro lugar entre as mesmas.  Seguir lendo Epidemia de cólera en Porto do Son en 1854