Arquivo da categoría: Ensaio

A difícil felicidade

felicidadeFrancisco Ant. Vidal Blanco. En liñas xerais, a felicidade completa é unha utopía, pero non por iso deixamos de procurala por terra mar e aire. O que para uns é bo para outros non o é tanto, uns confórmanse con ir ó cine unha vez por semana e outros gastan o salario en quinielas de infortunio. Por iso Xulio non discute quen é máis feliz. Cada un ó seu xeito conténtase co que pode, e aquí tamén conta o nivel de ambición ou de conformismo. Seguir lendo A difícil felicidade

Contra o cura de Fruíme

11002Román Arén. Neste libro, Fernández Salgado fai unha dobre edición, paleográfica e anotada, das cincuenta décimas escritas cara a 1770 contra o máis importante escritor, con Sarmiento, do noso século XVIII, Diego Zernadas de Castro, o primeiro cura de Fruíme. Carta satírica extensa, habitual no xogo satírico entre ilustrados do 18, que se conserva nos fondos da Fundación Penzol. Décimas anónimas, pero Fernández Salgado anota a posibilidade de que o autor fose Bernardo Rivera y Collazo, ao que Zernadas satiriza aludindo á súa coxeira. As décimas atacan a teima pedichona de Zernadas para o culto da Virxe das Dores de Fruíme. Seguir lendo Contra o cura de Fruíme

Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros

mercedesGonzalo Trasbach. Nas últimas novidades musicais nas que me enredei, atopei dous discos vangardistas polos que corre sangue con ADN galego, e que me resultaron moi atractivos e interesantes. Dun lado, a atracción que me espertou o novo disco de Mercedes Peón (A Coruña, 1967) non me colleu de sorpresa, pois xa coñecía unha boa parte da traxectoria da coruñesa, sen dubida unha das voces máis sobresaíntes da nosa comunidade tanto cando xoga na casa coma cando o fai fóra. Seguir lendo Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros

De profundis, Valsa Lenta, de José Cardoso Pires

P003475-240x360Fidel Vidal. Precedido dunha “Carta a un amigo-novo” escrita por João Lobo Antunes (irmán de António, psiquiatra e escritor candidato ao Nobel), remítese á experiencia doutros autores que padeceron graves enfermidades ou eran médicos, como Chekhov, “doente e escritor que dizía ser a Medicina a mulher legítima, e a literatura, a sua amante” (..) “Reconhecia, no entanto, que, se apenas pudesse contar coa imaginação para construir a sua obra literaria, pouco teria para escrever”. Apuntamos esta pasaxe porque o libriño (De Profundis, Publicações Dom Quixote, Lisboa, 12ª ed, sen contar coa Carta-Limiar apenas alcanza as 50 páxinas, cunha magnífica e suxestiva coda final: Entrelinhas duma Memória), é unha xoia Seguir lendo De profundis, Valsa Lenta, de José Cardoso Pires