X. Ricardo Losada. Nunca che fun moi partidario de efemérides. Entendo a súa función, pero creo que mostrarnos solidarios, pacíficos ou ecoloxistas un día concreto é demasiado fácil, e a moitos chégalles para xustificarse ante os demais. Pero sendo iso certo, tamén o é que hai efemérides que me gustan. Unha delas, o día do número pi, que se celebra o 14 de marzo (3/14 en anotación anglosaxona), un número que non me estraña que fascine os seres humanos desde a Antigüidade pois indica que a razón entre a lonxitude dun círculo, sexa xigantesco ou anano, e o seu diámetro, é sempre a mesma: 3´14. Seguir lendo O número pipí
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios
Román Arén. Non é moi ampla a nómina de escritores españois xudeus entre a expulsión de 1492 e o século XIX. Os que se poden citar son conversos como Fernando de Rojas ou Tareixa de Xesús. Xa no século XX aparecen algúns nomes, produto de orixe estranxeira que asumiron a condición de españois: Máximo J. Kahn ou Max Aub. Outros, como Bleiberg, eran de liñaxe xudía, aínda que naceran en España, como tamén é o caso de Cansinos-Assens. Un caso diferente foi no século XVII, o de Miguel Barrios, que tivo que refuxiarse en Amsterdam e que tiña por nome verdadeiro o de David Levi. Foi bo poeta e está de novo nalgunhas antoloxías. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios
Un bo encabezamento

Francisco Ant. Vidal Blanco. Imaxi-nade por un intre a alguén que ó cabo do día recibe tantas cartas que necesita dun secretario que llas cribe. ¿A cal lle vai dar máis importancia despois de ler un feixe de remites descoñecidos?. Suponse que a quen mellor o engaiole. Igual que cando entramos nunha librería a escoller a pró-xima lectura, que se non nos convence nos primeiros parágrafos o libro fica condenado ó po do andel. Seguir lendo Un bo encabezamento
As posibilidades
Antón Riveiro Coello. Aínda conmovido pola imaxe desa nai afgá de vinte e cinco anos que, sentada no chan, fai a proba de acceso á universidade mentres anaina un meniño, non deixo de cavilar nos atrancos desta e outras mulleres para accederen a uns estudos que a outras mesmo lles son regalados. Esta imaxe convocou na miña memoria unha experiencia de hai xa moitos anos, cando, convidado por un amigo, fun coa miña familia a súa aldea de Lugo. Seguir lendo As posibilidades