Francisco Ant. Vidal Blanco. A ningún dos amigos cos que cada xoves tomo a cervexa se nos ocorreu pensar que un alumno ou calquera persoa se puidese medir polo valor da súa resiliencia, porque para nós a resiliencia é un termo da física que define a resistencia dun elemento ó ser golpeado. Seguir lendo Resiliencia
Arquivo da categoría: Ensaio
Platón no MET de Nova York
Gonzalo Trasbach. Aproveitei a miña primeira visita a Nova York (Deus queira que non sexa a última) para visitar, entre outros, o MET (Museo Metropolitano), un magnífico edificio de pedra que é coma unha pequena (aínda que non tanto como puidera parecer) reprodución do Museo Británico de Londres. Seguir lendo Platón no MET de Nova York
Os foros do Portus Apostoli no medievo

Xerardo AgraFoxo. Ao importante privilexio concedido polo rei Fernando II á vila de Noia, por medio da Carta Pobra de 1168, hai que engadir o outorgado anos máis tarde polo seu fillo Afonso IX. No ano 1229 este rei sinalou que só dous portos da arquidiocese compostelá, Noia e Pontevedra, puidesen elaborar saín (aceite de sardiña), aínda que só polos vasalos do Arcebispo. Seguir lendo Os foros do Portus Apostoli no medievo
A moral do peido
X. Ricardo Losada. Cando era estudante en Santiago tiña un compañeiro de piso ao que lle molestaba a cociña sucia cando a lim-paban os demais, pero nunca cando a limpaba el. Do mesmo xeito, proliferan na actualidade os políticos que se molestan cando alguén aldraxa os seus símbolos pre-dilectos, e mesmo piden multas ou penas de cárcere, pero que invocan a liberdade de ex-presión cando aldraxan os símbolos dos demais. Seguir lendo A moral do peido
