Arquivo da categoría: Ensaio

Cu cu rru cu cu, filosofía

complex-shit1X. Ricardo Losada. Hai unha pregunta que me fago moitas veces. Como é posible que despois de estudar Filosofía e ler autores como Nietzsche ou Wittgenstein con enorme pracer me gusten series como Dous homes e medio, tan vulgares? Hai meses escribín neste mesmo café unha serie de artigos sobre cus, cacas e cagarrías que me produciron un gran pracer, como escritor e como lector. Seguir lendo Cu cu rru cu cu, filosofía

Tetraparesia espástica distónica

53507967Fidel Vidal. Só escoitar o nome da diagnose, tetraparesia espástica distónica, produce arrepío. Foi o que saíu da boca dunha fisioterapeuta o día que Paolo ía comezar o tratamento. Todo aconteceu por culpa dun parto distócico. O risco máis grave era a anoxia, que podía causar unha parálise cerebral. “Unha cesárea? -O seu xinecólogo non quere. É contrario ás cesáreas”(páx. 15). Como se unha intervención cirúrxica fose un partido político co que se pode estar a favor ou en contra e non unha estrita indicación médica. Despois xa era demasiado tarde. Seguir lendo Tetraparesia espástica distónica

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXX. Adriano del Valle

fot_adv_texto_introductorioRomán Arén. O sevillano Adriano del Valle (1895-1957) foi un dos poetas de Franco, un poeta que comezou no ultraísmo na revista <Grecia> tras ser modernista e logo facerse surrealista, para acabar en neobarroco. Autor de caligramas e collages, amigo de Lorca e de Borges, escribiu hai-kus, tratou a Pessoa e a Cunqueiro. O seu primeiro libro foi Primavera portátil (1934), e xa en 1940 editou Los gozos del río, que prologou o galego Eugenio Montes, mentres en 1941 apareceu Arpa fiel; en 1971 aparece Obra póstuma e en 1977 Obra poética. Foi colaborador da revista galega <Alfar>, coñeceu Galicia e non escasean os temas galegos na súa obra. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXX. Adriano del Valle

De Brocéliande a Froxán

O Fío de AriadnaMariña Pérez ReiÉ ben coñecida a relación da arte coa natureza, reflectida en múltiples intervencións artísticas en espazos boscosos. Desde o máxico Brocéliande de Artur á selva de Esmelle de Cunqueiro, pasando por Aokigahara, o bosque xaponés dos suicidios, o Courel de Novoneyra, o bosque de Fangorn, o bosque medieval de Beowulf, ou a Montagne Sainte-Victoire pintada con obsesión por Cézanne. Na nosa literatura temos un exemplo marabilloso na lírica medieval que elevou a categoría de símbolo erótico-sensual o noso monte, o cervo, a fonte, o souto, o canto dos paxaros. Seguir lendo De Brocéliande a Froxán