Arquivo da categoría: Ensaio

Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica

peppersGonzalo Trasbach. Queridos/as ami-gos/as, inimigos/as (pois todos formades parte do Karma, como diría Ernst Jünger). O círculo péchase coa chegada doutro inverno. Nesta mesma estación abriuse a xanela da grande colleita musical de 1967, aquel ano que algúns consideran o máis frutífero da música pop-rock-blues-country, para presentar o debut dos Doors e un novo disco dos Rolling. Seguir lendo Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)

460544-2yx5cdfu2jlj2wf5br5o22Fidel Vidal. O número 7 non semella aparecer demasiado agochado e moito menos perigoso, se ben pode mellorar nas grandes ocasións se lle descontamos 1 e o convertemos nun 6. Xogando á “espectra-lidade”, existen recordos na infancia de Mallarmé que nos remiten a ese mesmo díxito: “Perdín, moi neno, a miña nai, con 7 anos Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (V)

4175134-under-the-waterFidel Vidal. En Mallarmé latexa unha fascinación pola noite cósmica, pola noite estrelada, aquela que, con paixón desmesu-rada intentou pintar Van Gogh, coma Miró (tamén afeccionado aos códigos secretos) nos máxicos lenzos das Constelacións, e certa correspondencia na persecución de l’eternel azur, polo mar e o ceo, polo azul Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (V)

Transiberiano

transiberianoXerardo AgraFoxo. Estou a ler Billete de ida e volta (2017), un libro do periodista Christian Wolmar (Londres, 1949), sobre a construción do Transiberiamo, a gran aposta dos derradeiros tsares para unir a finais do século XIX os máis de 9.000 quilómetros que separan Moscova de Vladivostok, e, sobre todo, sorprendéronme dúas cousas ben diferentes. A primeira, é a análise que o autor desta reportaxe de investigación realiza sobre as causas que motivaron aquel xigantesco proxecto da enxeñería daquel tempo. Entre outras, sinala o desexo de rusificar un vasto territorio ateigado de riquezas, unha colonización que debía facerse seguindo o modelo que empregaran os norteamericanos para ocupar o leste do seu territorio; o intento de controlar o perigo amarelo; Seguir lendo Transiberiano