Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier

col_augier9Román Arén. Se en 1885, por mor da morte de Rosalía o poeta cubano Rafael María Mendive dedicaba unha elexía á poeta, en 1985 outro importante poeta cubano celebraba cun soneto o centenario rosaliano. O poeta é Ángel I. Augier, nacido en 1910 en Gibaro, ensaísta e xornalista de prestixio, membro do Partido Comunista de Cuba, mais tamén importante poeta en obras como Uno (1932), Canciones para tu historia (1941), Breve antología (1963), Isla en el tacto (1965). Biógrafo e estudoso de Nicolás Guillén, interesouse tamén por Juana Borrero, José M.ª de Heredia e Darío Cuba y Rubén Darío (1968). Entre os estudosos da obra de Augier destacan Salvador Bueno, Chacón y Calvo, Juan Marinello e Cintio Vitier. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)

7173779.image_Fidel Vidal. En outubro de 1864, Mallarmé escribe a Cazalis: “Finalmente comecei o meu Herodías. Con terror, porque invento unha linguaxe que debe necesariamente xurdir dunha poética moi nova, á que só podería definir así: pintar, non a cousa, senón o efecto que produce. O verso non debe, pois, comporse de palabras senón de intencións, e todas as palabras deben desaparecer ante a sensación. Quero, por primeira vez na miña vida, lograr algo. De non conseguilo, endexamais tocarei unha pluma”. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Cuberta+lomboFidel Vidal. Mallarmé é o creador dun impresionismo literario. Escribiu que a súa intención era “pintar non a cousa, senón o efecto que produce”, polo que o verso non debía comporse de palabras, senón de intencións e que, ante a sensación, se borrasen todas as palabras. O depresivo Juan Ramón Jiménez, malia aceptalo como un poeta artificial (arte con oficio) mais un poeta indiscutible, referíase a el coma o “triste Mallarmé”, un poeta na procura dun alén da idea pura, detrás da invención dunha nova poética. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones

R-4884727-1378440946-8705.jpegGonzalo Trasbach. Viviron un ano moi produtivo os Rolling Stones en 1967. Abrírono co fabuloso e infravalorado “Between the Bottons” e culminárono con “Their Satanic Majesties Request”, álbum que viu a luz un 8 de decembro de fai agora 50 anos. Con motivo da celebración deste aniversario acaba de pórse á venda unha nova edición consistente nun vinilo de 180 gramos en estéreo e outro en mono, amén de dous súper coidados CDs (un en estéreo e outro en mono). Seguir lendo Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones