Arquivo da categoría: Ensaio

Breves como fotos, outro convite de Berger (I)

nordicaFidel Vidal. Dividida en dúas partes que tratan do tempo e do espazo (1/Unha vez, 2/ Aquí), a obra E os nosos rostros, a miña vida, breves como fotos, de John Berger (Blume, 1986), supón, segundo algúns autores, a culminación deste orixinal e comprometido escritor. Entre esperanzadas e profundas reflexións ás que nos convida Berger, onde o mesmo nos ofrece uns poemas seus que analiza a obra de Van Gogh ou de Caravaggio (“Unha noite na cama preguntáchesme polo meu pintor favorito. Dubidei, intentando dar coa resposta menos deliberada, máis sincera. Caravaggio. A miña propia resposta sorprendeume” (páx. 82), ou pregúntase polo amor: “Que é o que me leva a amar?”, “canto tempo significa para sempre?” Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (I)

Mark Zuckemberg omnipotente

Mala-posturaX. Ricardo Losada. Imaxina que un día espertas e, sen ti sabelo, un Ser omnipotente reduciu as túas dimensións corporais á cuarta parte. Daríaste conta do cambio se o resto de obxectos e persoas que hai ao teu redor se reducisen na mesma proporción? Por suposto que non. Dirás ti, aquí está outra vez o X. Ricardo este con situacións inverosímiles, mesmo ridículas, a quen se lle ocorre? Si? Pensáchelo? Seguir lendo Mark Zuckemberg omnipotente

Moscas

moscasAntón Riveiro Coello. Non vou aplaudir os actos contra o turismo que se están a levar a cabo en diversas cidades; son feitos máis que rexeitables nunha sociedade democrática coma a nosa. Pero si quero defender o dereito a protestarmos contra algúns tipos de turismo porque non é ouro todo o que reloce. Adoitamos xustificar todo coa riqueza económica. Por iso, queixarse de que na túa vila o turismo está a estragar o mellor do entroido pode parecer a arroutada dun aburrido ou de alguén que non ten negocio ou carece de orgullo local. Seguir lendo Moscas

De volta á rutina

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. O malo que teñen as vacacións é a data de caducidade: non duran nada. En menos dun mes pasamos da euforia atlética cargando coa maleta dos bañadores, animados pola paga extra de xullo, a volver extenuados co móbil abarrotado de lembranzas, que debe ser a cousa que máis pesa cando retornas ó cotián. Seguir lendo De volta á rutina