Arquivo da categoría: Ensaio

Hendrix: Are You Experienced?

Are_You_Experienced_-_US_cover-editGonzalo Trasbach. Despois de pór a súa fabulosa técnica guitarrística ao servizo do talento de xentes coma King Curtis, Little Richard, B.B. King, Sam Cooke, Isley Brothers, Ike&Tina Turner, Curtis Knight e os Famous Flames de James Brown, James Marshal Hendrix (Seattle, 27/11/1942-Londres, 1970), a quen o seu mananger Chas Chandler, baixista de The Animals, rebautizou coma Jimi Hendrix, viaxou a Londres, onde atopou a súa lanzadeira musical definitiva. Seguir lendo Hendrix: Are You Experienced? →

Un terapeuta de Ribeira do século XIX

terapuetaPastor Rodríguez. Nacido en Ribeira o 17 de outubro de 1784, Manuel Jacobo Fernández Mariño foi doutor en Medicina pola Central de Madrid en 1808 e especializouse en hidroterapia, sendo médico titular de Caldas de Reis en 1812, onde contribúe a crear o balneario Acuña. Nas primeiras oposicións a médicos de augas en 1817 obtén a praza como médico director de Caldas de Reis e Baños de Cuntis, e en 1827 logra a Cátedra de Terapéutica Xeral e Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Pero en 1841 abandona a dirección dos balnearios por incompatibilidade coa súa cátedra. Seguir lendo Un terapeuta de Ribeira do século XIX →

“Aurora na ría de Arousa”,

O cadro foi pintado un venres do mes de agosto
O cadro foi pintado un venres do mes de agosto

Eme Cartea. A este par de artistas, Guille e Gloria, ningunha das técnicas picturais lles son alleas. Neste caso, a dúas mans, indagan nas inmensidades do lenzo, inocente e receptivo, con cores harmónicas, vivas, simbólicas, excitantes, psicolóxicas, connotativas, musicais, case fantasiosas, que apuntan directas á maxia sensible da ollada. Amantes confesos e apaixonados da paisaxe galega, profunda, misteriosa, indómita e acuosa, ofrécennos unha «paisaxe da emoción» polisémica que nos conmove entre ventos e chuvia, e renace talvez en saudosos crepúsculos de euforia acendida. Seguir lendo “Aurora na ría de Arousa”, →

Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda

feridoX. Ricardo Losada. En 1876 Valentín Lamas Carvajal escribiu que o Pico Sacro era un monte xigante que erguía a cabeza ata os ceos  “ond´a alfombra de Dios estás sostendo”. Tamén consideraba que era o “eterno gardador, vixia forte d´a nosa terra”. En xuño de 2016 Ramón Vilar Landeira escribiu que os sábados e os domingos gustáballe facer o amor á sombra do Pico Sacro mentres Van Morrison cantaba Brown eyed girl na radiocasete do coche. Son dous dos textos que aparecen no libro Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda que a editorial Alvarellos acaba de publicar con gran esmero e coidado. Seguir lendo Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda →