Arquivo da categoría: Ensaio

O punto G do paraugas

Poppins_advance_0013+15 altered logoX. Ricardo Losada. Unha das miñas experiencias máis gratas é abrir un paraugas de apertura automática. Comenteillo a un amigo psiquiatra e díxome que proxectaba nese paraugas o desexo de abrirme con máis rapidez aos demais. Ou, engadiu mirándome as canas, pode que proxectes a túa frustración por perder (e el que sabía?) as fulminantes ereccións xuvenís. Por suposto, non me convenceu. Postos a buscar teorías sofisticadas, a emoción que sinto ao pulsar o botón do paraugas é máis parecida á que experimento cada vez que vexo un paxaro adormecido nun cable que, de súpeto, abre as ás e voa polo ceo infinito. Ao fin e ao cabo, o meu gusto é máis poético que pornográfico. Seguir lendo O punto G do paraugas →

Do inefable

san juanFidel Vidal. Velaquí unha das procuras sobre a palabra para describir e dicir aquilo que non se pode dicir, a palabra sen fala, o inefable: ningunha palabra nin concepto humano pode describir axeitadamente a Deus. Dionisio sostiña que a medida que o home se ía achegando a El, a escuridade que atopaba era cada vez máis grande. E para conseguir ese achegamento debería ignorar os seus desexos e percorrer un camiño de escuridade. O que nos remite, en último termo, ao símbolo central da poesía de san Juan de la Cruz: a “noche oscura.” (Colin Thompson, O poeta e o místico) Seguir lendo Do inefable →

Aviles… vinte e cinco anos despois (II)

avilés2Pilar Sampedro. Escribiu Ramiro Fonte baixo o título Camposanto en decembro:  “Como aquel día en que levou seis rosas/á tumba do poeta adolescente,/o primeiro que a morte nos roubara;/como aquel día frío,/de seis rosas vermellas, de seis rosas/na súa man, ceifadas, ofrecidas/polo home que fixo/doazón das celestes fronteiras do mundo,/desnavegou por nós un continente/de amor que nos facía/verdadeiros e grandes/(…)/Un día que ficou sinalado/por seis rosas de inverno/coma seis días de amor, e seis días de pena,/e seis días de frío, e seis anos de morte,/un día que xa estaba condenado ós calendarios/nos que a lembranza esconde moitas cousas (…)” Seguir lendo Aviles… vinte e cinco anos despois (II) →