Arquivo da categoría: Ensaio

La muerte de Virginia, Leonard Woolf

51L32LJPkYLXerardo AgraFoxo. Tal día coma hoxe, hai 80 anos, é dicir, o 28 de marzo de 1941, unha muller que se chamaba Adeline V. Stephen, encheu os petos da súa gabardina cuns croios e mergullouse no río Ouse, preto da súa casa en Monks House. Uns nenos atoparon o seu corpo dúas semanas despois, arrastrado pola marea, preto da ponte de Southease. Non fora a primeira vez que intentara tirar a vida. As sombras que a asañaban puideron con ela: pronto perdera os pais, o seu medio irmán George abusara dela e as relacións sexuais co seu home eran tan complicadas coma os seus amoríos coa promiscua Vita Sackville-West. Ademais arrastraba unha depresión que medrou ante a ameaza nazi sobre Inglaterra. Seguir lendo La muerte de Virginia, Leonard Woolf

Surrealismo infantil

paraugasX. Ricardo Losada. O curso pasado dei clase de Valores Éticos en 1º da ESO (alumnos de 12 anos) por primeira vez na miña vida. Foi unha experiencia moi gratificante. Cada clase é unha caixa de sorpresas. Fales do tema que fales, sempre hai algunha intervención diverxente que me desorienta. Poreivos un dos exemplos máis curiosos. Como adoito dicir que, ao principio da clase, poden suscitar dúbidas sobre calquera tema Seguir lendo Surrealismo infantil

O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)

Ediciós do Castro.  Logo das orixesPilar Sampedro. Dende o 30 de decembro está en Santiago esta exposición, que se inaugurou xustamente antes de que rematara o 2020, centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. A exposición, comisariada por Heitor Picallo e deseñada por Martiño Picallo, está na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), nunha sala que pode parecer humilde, igual que a exposición que consta de tres vitrinas con libros e 10 paneis coa información temática. Con todo, o lugar é o máis axeitado que se podería atopar para Isaac, no fogar das asociacións, alí onde debe residir a sociedade civil e onde el estaría a gusto por ser un digno representante desa sociedade activa. Seguir lendo O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)

Xela Arias ía en serio

25971236Fidel Vidal. No seu mellor momento creativo, e meses antes da súa desaparición aos 41 anos de idade, a editorial Espiral Maior saca a luz a súa derradeira obra: Intempéirome. Desde o comezo, con Demasiado equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990) e un agasallo ao seu fillo en Darío no diario (1996), na poética de Xela hai unha constante chamada á rebeldía, unha loita por saír ao aire libre, por romper coa represión e a claustrofobia ao que nos somete “o espazo asfixiante e limitador” imposto pola sociedade. Seguir lendo Xela Arias ía en serio