Arquivo da categoría: Ensaio

Neira Vilas no calendario do Libro e da Lectura

cartel_calendario_34x495_mais_3_de_sangue_rgbPilar Sampedro. Ao comezar o ano fíxose público o calendario do Libro e da Lectura 2021, cunha imaxe de Javi Montes, na que unha moza camiñante leva sobre a mochila a biblioteca que a acompaña. Ao lado do Día da Ilustración (conmemorando o nacemento de Castelao), o Día da Edición (no nacemento de Ánxel Casal) aparece por primeira vez o Día do Lector/a coincidindo co nacemento de Neira Vilas. É unha boa nova porque Memorias dun neno labrego segue a ser un libro con múltiples edicións dentro no noso sistema editorial (25 edicións e 100.000 exemplares en Ediciós do Castro, por poñer un exemplo) Seguir lendo Neira Vilas no calendario do Libro e da Lectura

José Rodríguez del Casal, un deputado nas Cortes de 1820

O Escritor. Diario actas Cortes 1821. ImaxePastor Rodríguez. Non coñecemos a data nin o lugar de nacemento do sacerdote José Rodríguez del Casal, pero si que foi párroco de Santa María de Lampón (Escarabote, Boiro) e que en 1811 publicou un folleto, impreso en Santiago de Compostela por Manuel Antonio Rey, que leva por título Sermón que para alentar el patriotismo e imprimir valor a nuestras tropas y alarmas dijo en la Iglesia Parroquial del Deán, D. José Rodríguez del Casal, con motivo de la bendición de la bandera de la alarma de aquel partido. Seguir lendo José Rodríguez del Casal, un deputado nas Cortes de 1820

A filosofía paga a traidores

81ye8Xo28HLX. Ricardo Losada. Nos últimos anos estase a producir en min un cambio intelectual moi importante, e que me está deixando a sensación de que son un traidor á filosofía, a carreira que estudei e a vocación máis querida da miña mente. Cada vez leo máis narrativa (novelas ou conxuntos de relatos) e cada vez menos ensaios filosóficos. Incluso os ensaios que leo con máis frecuencia teñen máis que ver coa divulgación científica ou coa filosofía práctica que coa filosofía pura. E digo cambio intelectual moi importante porque sempre desfrutei máis de frases como: De “necesariamente, o que se coñece é verdadeiro” Seguir lendo A filosofía paga a traidores

Camelias

O FÍO DE ARIADNA. CAMELIAS. IMGUxía Casal. No colexio onde estudei 14 anos había un fermoso xardín con camelias, no que destacaban as vermellas, e un día de temporal unha amiga e mais eu paseamos, felices coma axóuxeres, baixo a chuvia e o vento entre as árbores, que ceibaban flores a cada refoleo. Alleas aos elementos, gozamos do espectáculo invernal ata que nos descubriron, molladas coma pitos, cando as mamás nos foron buscar ao mediodía. Seguir lendo Camelias