Ignacio Castro Rey. A media aritmética xuvenil consiste aproximadamente en que, ao conectar os seus ensimesmamentos numéricos, eles xiran en círculo, ignorando suavemente todo o que non entra no hahaha continuo no que se pechan. Tense dito que se cumpre así o plan inconsciente de conver-ter a masa xuvenil nos novos “chinos” da precariedade laboral, da sociedade Lowcost que os vai maltratar. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (II)
Arquivo da categoría: Ignacio Castro Rey
Apocalipse xovialmente integrada (I)
Ignacio Castro Rey. Cando se achega o final de curso algúns profesores e pais chegamos en un estado de ánimo tan esgotado que xa non sabemos se volver casar, mercar un can, xubilarnos ou recorrer a unha forma discreta de suicidio. En resumo, o habitual trastorno bipolar do resto do ano transfór-mase en xuño en algo máis complexo, difícil de definir en tres -¿trastorno tripolar?- Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (I)
Do terrorismo incrustado (II)
Ignacio Castro Rey. O terrorismo do impacto é a única forma que temos atopado para acadar un bo simulacro de continuidade nunha cultura que debe fragmentar a vida mortal, fuxindo da súa duración coma da peste. O encadeamento de estoupidos informativos logra unha especie de continuum que cobre o día con atención cativa. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (II)
Do terrorismo incrustado (I)
Ignacio Castro Rey. Grandes urbes, aglomeracións de cristal, de aceiro e rostros maquillados. Rañaceos, pantallas xigantes, conexións multiplicadas. E o espectáculo dunhas luces perpetuas que nos cobren cun ceo de deseño. Coma se non fose suficiente a sinxela vida, estamos embarcados nunha desapiadada metafísica da elevación, da que tampouco é fácil librarse a través de ningunha das nosas respectadas minorías LGTBI. O elitista debate en torno á maternidade subrogada agocha talvez que a nosa vida e a nosa sensibilidade son xa subrogadas. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (I)