Arquivo da categoría: Música

A conclusión do espello

guitar-case-485112_960_720Antón Riveiro Coello. Con oito anos, un amigo e mais eu percorriamos os bares da vila cantando panxoliñas. A xente metíanos cartos na caixa da guitarra. A música era un negocio redondo. Máis adiante, xa de mozos, disfrazámonos de mimo e ocupamos a rúa para tocar uns segundos cando nos botaban algo. A idea só era impresionar, pero o espectáculo, sen pretendelo, virou en algo lucrativo Seguir lendo A conclusión do espello

A mesa de Lito

paris-de-noia-2-CopiarAntón Riveiro Coello. Cando eu estaba piques de encetar a maioría de idade xunteime con outros tres amigos para formarmos un grupo de rock e fomos dende A Limia a Compostela mercar un equipo de son nunha tenda que había na rúa do Preguntoiro. O máis caro daquel equipo foi unha mesa Acoustic de segunda man que nos custou medio millón de pesetas, unha fortuna daquela, e que aínda levaba un adhesivo co nome do seu anterior propietario: París de Noia. Seguir lendo A mesa de Lito

O día que Benedicto cantou para min

jpgAntón Riveiro Coello. As hemerotecas serven para poñer firme a memoria e datar feitos que se volven volátiles, fuxidíos. Nas páxinas de Santiago de La Voz de Galicia atopei unha reportaxe asinada por L. R. A., o 14 de marzo de 1985. Nela recóllense as actuacións dos oito finalistas do Festival da Canción Universitaria celebrado no audito-rio do colexio “La Salle”. Seguir lendo O día que Benedicto cantou para min

Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros

mercedesGonzalo Trasbach. Nas últimas novidades musicais nas que me enredei, atopei dous discos vangardistas polos que corre sangue con ADN galego, e que me resultaron moi atractivos e interesantes. Dun lado, a atracción que me espertou o novo disco de Mercedes Peón (A Coruña, 1967) non me colleu de sorpresa, pois xa coñecía unha boa parte da traxectoria da coruñesa, sen dubida unha das voces máis sobresaíntes da nosa comunidade tanto cando xoga na casa coma cando o fai fóra. Seguir lendo Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros