Arquivo da categoría: Música

Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras

lovelyGonzalo Trasbach. Un golpe de sorte levoume até unha información sobre unha cantante norteamericana totalmente desco-ñecida para min, pero tamén para moitos mitómanos musicais, pois non só pasou desapercibida no seu tempo, senón que no 1974 abandonou a súa residencia cara ningures e dende aquela ninguén volveu saber nada dela, polo menos ata agora. Descubro unha noticia sobre a publicación dun disco e póñome a buscar información: Elisabeth Eaton, nomeada como Connie Converse, naceu en New Hampshire (USA) un día do mes de agosto de 1924. Seguir lendo Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras →

Johnny Cash renaceu no 1968

R-1287354-1345000987-6660.jpegGonzalo Trasbach. Algúns pensan e afirman que a eclosión da década de 1960 tivo lugar en 1968, e, polo tanto, foi o ano en que se produciron os mellores discos daquela época. Pode que así sexa. Na fin de contas, o malestar que latexaba debaixo da costra suntuosa do hipismo e o hedonismo reinantes no mudo occidental emerxeu e saltou ao primeiro plano pola guerra de Vietnam, pero acadou o seu cumio no chamado Maio do 68, coa irrupción dun movemento que fixo tremer os alicerces da República francesa Seguir lendo Johnny Cash renaceu no 1968 →

Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica

peppersGonzalo Trasbach. Queridos/as ami-gos/as, inimigos/as (pois todos formades parte do Karma, como diría Ernst Jünger). O círculo péchase coa chegada doutro inverno. Nesta mesma estación abriuse a xanela da grande colleita musical de 1967, aquel ano que algúns consideran o máis frutífero da música pop-rock-blues-country, para presentar o debut dos Doors e un novo disco dos Rolling. Seguir lendo Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica →

Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones

R-4884727-1378440946-8705.jpegGonzalo Trasbach. Viviron un ano moi produtivo os Rolling Stones en 1967. Abrírono co fabuloso e infravalorado “Between the Bottons” e culminárono con “Their Satanic Majesties Request”, álbum que viu a luz un 8 de decembro de fai agora 50 anos. Con motivo da celebración deste aniversario acaba de pórse á venda unha nova edición consistente nun vinilo de 180 gramos en estéreo e outro en mono, amén de dous súper coidados CDs (un en estéreo e outro en mono). Seguir lendo Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones →