Arquivo da categoría: Música

Carta de Syd Barret para Toña

sid1Gonzalo Trasbach. Dear Toña. Son Syd Barret. Supoño que algunha vez oirías o meu nome. De ti faloume en varias ocasións un vello amigo. E é por este motivo polo que che quero contar unha pequena historia: durante moitos anos habitei nun terreo límbico. Estando alí, pasaba os días mirando para a mesma ventá: a televisión. Mais, hai xa once, mudeime a un dos vales que hai no País de Alicia. Aquí, vago entre os arboredos coma estrela sen luz, sempre cantando o mesmo retrouso: “Deus sabe que somos almas solitarias. Son unha alma solitaria…” Pero, sabes unha cousa, querida Toña? Houbo un tempo no que brillei coma unha estrela, unha rutilante supernova, no firmamento sónico da psicodelia. Seguir lendo Carta de Syd Barret para Toña

Pipper’s, un prodixio de psicodelia

beatrle1Gonzalo Trasbach. Un 26 de maio de 1967 pechouse a gravación de “Sgt. Pipper’s Lonely Hearts Club Band”, o talvez máis aclamado disco de The Beatles, que non se publicou ata o 1 de xuño. En 1974, a revista musical NME elixiuno coma o mellor álbum da historia da música popular contemporánea. O mesmo título que no 2003 lle outorgou Rolling Stone. Aínda arestora, 50 anos despois, numerosos críticos musicais o cualifican cun dez sobre dez. Seguir lendo Pipper’s, un prodixio de psicodelia

Hendrix: Are You Experienced?

Are_You_Experienced_-_US_cover-editGonzalo Trasbach. Despois de pór a súa fabulosa técnica guitarrística ao servizo do talento de xentes coma King Curtis, Little Richard, B.B. King, Sam Cooke, Isley Brothers, Ike&Tina Turner, Curtis Knight e os Famous Flames de James Brown, James Marshal Hendrix (Seattle, 27/11/1942-Londres, 1970), a quen o seu mananger Chas Chandler, baixista de The Animals, rebautizou coma Jimi Hendrix, viaxou a Londres, onde atopou a súa lanzadeira musical definitiva. Seguir lendo Hendrix: Are You Experienced?