Arquivo da categoría: Música

Syd Barrett e Pink Floyd, da luminosidade á escuridade.

Syd_barrettGonzalo Trasbach. Unha historia cun luminoso comezo e un final escuro e tráxico vive este ano un dobre aniversario. Hai vinte anos que o grupo musical Pink Floyd recolleu o seu instrumental, baixou a persiana e pechou o quiosco, logo dun longo período de 27 anos (1967-1994) e catorce discos, un amplo e variado catálogo, que se abriu con The Pipper At The Gates Of Dawn (1967), considerado por moitos como o mellor álbum da súa carreira. Unha carreira que nos seus primeiros chanzos estivo iluminada e dominada polas composicións de Roger Keith “Syd” Barrett (Cambrige, 1946-2006), de quen tamén neste 2014 se cumpren 40 anos da súa despedida do mundo Seguir lendo Syd Barrett e Pink Floyd, da luminosidade á escuridade.

Foi o punk unha revolución musical ou unha estafa?

postpunkGonzalo Trasbach. Os Sex Pistols cantaban “No Future”. Pero si hai futuro, e estamos intentando construílo (Allen Revenstine, Pere Ubu, 1978).

Foi o punk unha revolución musical, social e estética ou sinxelamente só foi unha estafa? Sería esta en poucas palabras a pregunta á que quere dar resposta a través das súas 506 páxinas Postpunk. Romper todo y empezar de nuevo (1978-1984) (Caja Negra Editora, Arxentina). Se ben existen centos de libros que documentan aqueles anos nos que o punk desafiou o estatus quo musical co seu nihilismo de tres acordes e a ética do do it yourself, o volume de Simon Reynolds (Londres, 1963), Seguir lendo Foi o punk unha revolución musical ou unha estafa?

Carta sonora para un amigo

Leonard-Cohen-Old-IdeasGonzalo Trasbach. Querido X.: Cada vez que nos atopamos para comer cos amigos, dun xeito ou doutro, sempre saen á luz os nosos desacordos sobre a música. Na última xuntanza en Cea (Bueu), naquela fermosa taberna colgada na ladeira do monte fronte a un mar que se perde no horizonte, o debate xirou sobre Leonard Cohen. Dándolle voltas ao asunto pensei que talvez non fora moi xusto nin contigo nin co cantante de Montreal. Cheguei a esta conclusión mentres escoitaba as delicadas e sentidas notas de Suzanne, a canción que abría e abre o álbum de debut do inesquecíbel cantautor canadense. Seguir lendo Carta sonora para un amigo

Wish you were here

ojalaPedro García Vidal. Era inevitable. Un apaixonado admirador de Pink Floyd non podía permanecer indiferente na presenza dun libro con idéntico título que un dos álbums míticos da célebre banda inglesa de rock como foi aquel inesquecible Wish you were here. En tempos de mocidade, naquel Santiago de finais dos setenta do pasado século, a cinta de casete co mencionado título era escoitada sen descanso no noso pequeno espazo compartido do cuarto dunha pensión para estudantes. Pink Floyd era o noso grupo de culto e a canción que daba título ao mencionado álbum a nosa bandeira, o resto de músicas constituían simples “divertimentos pasaxeiros”. Seguir lendo Wish you were here