Gonzalo Trasbach. Os que gustamos da música pop contemporánea tamén nos interesamos polas rexoubas que arrodean os nosos cantantes ou grupos favoritos e coñecemos os medios para conseguir este tipo de informacións ás veces un tanto banais, pero que dan moito xogo. Pois ben, hoxe imos escribir sobre un rumor do que se falou dabondo no seu tempo. Fai 25 anos que se soubo que Nick Cave, o líder dos Bad Seeds, e mais Polly Jean Harvey viviron ao parecer unha relación amorosa bastante turbulenta Seguir lendo Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave
Arquivo da categoría: Música
Os libros de David Bowie
Gonzalo Trasbach. A publicación do libro El club de lectura de D.B., pouco tempo antes deste noso confinamento, recordounos que o pasado dez de xaneiro fixo catro anos da morte de David Bowie (1947-2016). Dado que o impacto do seu finamento foi tan tremendo, tan inesperado, talvez nos pareza que a desaparición do intérprete e compositor inglés ocorreu hai moito menos tempo. Nado coma David Robert Jones, o artista veu ao mundo un oito de xaneiro de 1947 no barrio londiniense de Brixton e abandonouno definitivamente dous días despois de ter acadado a idade de 69 anos. Seguir lendo Os libros de David Bowie
Música para Roldeiro
Gonzalo Trasbach. Último día dun xaneiro enchoupado pola choiva. Cae a tarde e vas ao tanatorio darlle o pésame a un veciño. E, inesperadamente, tópaste cun antigo xogador do Boiro, entre outros equipos: Roldeiro, home que, ademais, traballa no servizo de Deportes do Concello de Rianxo e paralelamente adestra ao Arousana feminino. Seguir lendo Música para Roldeiro
A música universal
Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai uns días volvín a ver Psicoses en pantalla grande e volvín a sentir medo, a levantarme no asento en plan cabaleiro andante tratando de protexer á doncela cando a sombra do psicópata aparece ó outro lado da cortina do baño. Non sei que me metía máis medo, se a sombra en si ou a música que acompañaba a escena acelerándome o corazón. Seguir lendo A música universal