César Alen. Os irmáns Coen son especialistas en diseccionar a esta caterva de seudoartistas que viven do conto. Intelectuais de pacotilla cun gran ego. Lembro a escena en que está a pintora (interpretada por Julianne Moore) “creando”. A tía balancéase nunha gran randeeira espida. Nunha das paredes hai un lenzo, cando chega á súa altura lanza a pintura, creando figuras imposibles. Na estancia soa unha música atronadora. O gran Lebowski (Jeff Bridges) non dá creto ao que ve. Deambula alucinado ante tal acto de snobismo. Sentado nunha butaca un fulano que ri de forma histérica. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (II)
Arquivo da categoría: César Alen
Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)
César Alen. Aquel home, como ben narra a voz en off na película O gran Lebowski, dos irmáns Coen, ofrecía a tranquilidade inherente ao simple andar polo mundo, ao estar aquí e agora: “unha viaxe en ácido, conducir por aí, xogar aos birlos”. Non ter a necesidade de xustificarse. Só deambular polas rúas na seu escangallado Sedan escoitando á Credence. Agora vivimos nun mundo tan antropocéntrico. Sentimentos egoístas, a expresión desmesurada do eu. Resúltame case imposible manter unha conversa coa maioría da xente. Ninguén parece coñecer a arte de escoitar. Non, trátase de falar, de soltar o teu. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)
Sobre as lendas (III)
César Alen. De entre todos o meu favorito, sen dúbida, é o de Crates o Cínico, unha verdadeira obra mestra. Un relato que nos achega, que nos coloca diante mesmo da Grecia dos estoicos, disciplina que tanto achegou a recoñecidos filósofos como Epicuro, Seneca ou Ciceron. Crates foi discípulo do coñecido Diógenes. O episodio transcorre en Tebas. Crates asiste a unha obra de Eurípides. Seguir lendo Sobre as lendas (III)
Sobre as lendas (II)
César Alen. Atopeino na idade xusta, adecuada, a piques de zozobrar na dispendiosa puberdade. O certo é que non recordo como chegou ás miñas mans, algún amigo adiantado, un profesor cultivado. O importante é que descubrín as Vidas imaxinarias de Marcel Schwob, edición de peto (Bruguera-libro amigo) que ben soaban esas palabras e que certeiras. O libro ofrecíame a súa amizade, non a súa mercadoría, a súa amizade, moi afastado do exacerbado mercantilismo actual. De todos os curtos relatos extraín un enorme coñecemento. A simple lectura dos títulos transportábame a mundos mitolóxicos, antigas lendas, probables verdades. Seguir lendo Sobre as lendas (II)