Marina Losada Vicente. Camiñaba co puño pechado, da casa ao traballo, cun coitelo agarrado polo mango. O brazo pegado ao corpo, como un anexo, deixou de se abanear. A pesar da levidade do instrumento, o peso intrínseco de portar unha arma branca agravaba a idea de que o camiño era un lugar de desgrazas. Temendo que llo visen, aínda no abrente da primeira luz, deslizouno cara arriba, tapado coa manga da chaqueta. Ao tempo que o agochaba caía na conta de que era moi afiado. Seguir lendo Un coitelo ameazador
Arquivo da categoría: Narrativa
Conversas de escaparate. Tauromaquia
Fidel Vidal. -Estás seguro da nova que acabas de dicir?
-Escoiteillo onte a un concelleiro.
-A quen?
-Dise o pecado pero non o pecador.
-Falou de datas?
-Durante as festas patronais.
-Será o acontecemento do ano. Seguir lendo Conversas de escaparate. Tauromaquia
Batallando decote
Marina Losada Vicente. Rexentaba un pequeno obradoiro, no que facía olas de barro, que ía vender ás feiras. A proximidade a unha froitaría, na que nunca mercara nada, dáballe a Moncho confianza para ir buscar caixas. Tanto, que mesmo lles pedía que llas gardasen varios días, por non ter estorbos no seu baixo. Da mesma maneira, para non andar a tropezar con elas, en lugar de recollelas despois de usalas, tirábaas. Seguir lendo Batallando decote
O gran reinicio
Domingo Regueira. Pasaron mil anos e a parroquia das bombas aparece cuberta por un fofo manto de húmidos musgos animado por croas de canas, pitas, figueiras e loureiros. Na paisaxe, adivíñanse rueiros, corredoiras, estradas e polígonos de vivendas que emerxen polas marxes da mulida alfombra vexetal. Seguir lendo O gran reinicio