Arquivo da categoría: Narrativa

Os libros infantoxuvenís e os temas que tratan

DonasPilar Sampedro. Dende hai un tempo, os libros escritos pensando nun destinatario infantoxuvenil, xa acollen todas as temáticas, por moi tabús e complicadas que poidan parecer. Xa o temos dito noutras ocasións: o feito de que esta literatura fose escrita –no primeiro momento– por educadores que buscaban dotar de materiais unha escola que non os tiña en galego, axudou a que fosen tratados asuntos relacionados cos valores cívicos. Estes mesmos mestres e os que os seguiron –moitas veces relacionados con movementos de renovación pedagóxica– tiveron un papel fundamental na diagnose da situación deste libro, os ocos que había que encher, así como o que se necesitaba e demandaba. Seguir lendo Os libros infantoxuvenís e os temas que tratan

O meu Bloomsday

picture_13298_400x300_cropPedro Ferrández Rivera. “Hai unha festa na miña mente e espero que nunca se deteña” (Memories can’ t wait. Talking Heads). O antónimo de celebrar é o baleiro, o deserto. O deserto para a vida é como o silencio para a música, un indicativo de que algo ten que cambiar, algo ten que soar. Corrían os anos oitenta e un amigo, que só regala cousas que o apaixonan, envolveume nun papel de agasallo espiritual a recomendación do Ulises de Joyce. Seguir lendo O meu Bloomsday

As últimas palabras

Tomb_of_Menna_-_funeral_boat_200dpiAmancio Pampín Suárez. Preocu-pábao a morte, coma bo exipcio, mais coa diferenza de que a súa estaba escrita, en caracteres gregos e latinos, con selos imperiais. Sentíase tranquilo, en paz, a pesar dos golpes e das ofensas dos soldados no santuario, requisando papiros e esparexendo ouriños e excrementos polo templo igual que animais sen entendemento. Seguir lendo As últimas palabras