Arró, de Xabier L. Marqués

O Andel. ARRÓRomán Arén. Xa dende o ano 2000, no que Xabier L. Marqués (Ribeira, 1959) publicou Polos mares das améndoas, “os recordos rillan na memoria” e agora con Arró (2019) vaise á procura desa nasa memorial na que se engaiola a infancia, nese arró, esa faixa de terra para conter os ríos? (mentres o arro é o corazón das árbores), que é a un tempo fértil e erma, unha cicatriz, unha ferida cosida pero que proe, na que se pretende atopar a nenez intemporal e abafante, sensorial, a era da linguaxe, da creación do mundo, pois é a palabra, as palabras, quen crea ao nomear as cousas, non os actos. Retorno ao básico, ao puro, pero sempre aberto á dificultade, e de aí vén ese amor pola precisión léxica, pola riqueza da lingua, presente en Xabier L. Marqués coma en poucos poetas contemporáneos, pois só o humano fala e a raíz está na infancia creadora mais non inocente. Un exercicio de profundamento, de rañar a ferida que restaurou a fenda para que agrome a verdade, non sempre endémica, a miúdo deturpada polo lixo materialista. E se a palabra crea “o silencio as máis das veces trae consigo un aquel cheiro a eternidade insoportábel”, que precisa saír á superficie aínda que traia a dor do que non volve. Hai algo de sacro neste exercicio de memoria, de proer a ferida, un aquel de Polimnia e non de Calíope, unha música do tempo eterno. E aínda que “apenas hai resío por onde enfebraren as verbas”, a verdade imponse “limpa como unha escaina”, como o óleo que perdura máis aló do temporal.

Un comentario en “Arró, de Xabier L. Marqués

  1. Me ha agradado sobremanera ver que hoy le has dedicado al admirado Xabier López Marqués, tu espacio dedicado a la poesía. Creo recordar que en una ocasión ya comenté que hace unos años fue mi maestro durante unas semanas. En medio de tanta gente preparada a la que les impartía las clases, hizo que me encontrase cómoda con sus palabras siempre elogiosas hacia mi persona. Su manera tan didáctica en la enseñanza me satisfizo enormemente. Mil gracias Javier, mil gracias Román.
    Tengo dos espléndidos libros de poesía firmados por él, “Polos mares das améndoas” y “Arró”. En éste último, su dedicatoria es la siguiente: “Para Magdalena, unha lectora moi agradecida”. Lo soy, querido Javier, siempre y cuando el libro valga la pena. Estoy agradecidísima de haberte encontrado y más de haberte leído. Gracias nuevamente.
    Buenos días, Román, besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>