O espanta Orcos

John-Howe-Uruk-HaiDomingo Regueira. O orco de Virxilio nada tiña que ver co noso; só hai unha lixeira afinidade ao situalo no fondo dos océanos.        Contan uns palmeiráns que, somerxidos nunha campá das plataformas do Mar do Norte, o viron baixar.

       Procedía da rexión dos hiperbóreos e, cando chegaba á ría, emerxía na praia do  Baluarte onde unha eufórica comitiva canina o recibía. Seguir lendo O espanta Orcos →

Atopeime na rúa

imagesX. Ricardo Losada. Hai persoas que non coñezo pero teño ganas de coñecer, e hai persoas que coñezo e gustaríame non ter coñecido. As relacións humanas configúranse por moitos factores, entre os que o azar xoga un papel predominante, pero tamén polo destino e a herdanza, e iso, quizais, sexa moi inxusto. Acaso non deberiamos valorar máis os amigos -escollidos, ao fin e ao cabo- que os familiares, impostos por circunstancias que escapan aos nosos designios? En contra dese dito que sostén que hai que amar máis os pais que a esposa ou o marido, porque estes atopáchelos na rúa Seguir lendo Atopeime na rúa →

Amoras

imagesMarina Losada Vicente. O home grande pasaba ás sete da mañá. No camiño papaba todas as amoras que maduraran na noite, sen molestarse en coller aquelas que crecían por riba dos seus ollos.

            A muller pequena pasaba media hora despois. Buscaba entre as amoras todas, incluso entre aquelas que lle obrigaban a estender brazos e pernas, sen alcanzar ningunha que estivera madura, nin imaxinar por que só había amoras negras fóra da súa man. Seguir lendo Amoras →