Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIV. Unha sombra recuperada: Luciano de San-Saor

lucia-sanchez-saornilRomán Arén. Durante anos foi só unha sombra na historia do Ultraísmo, en realidade chamábase Lucía Sánchez Saornil, nacida en 1895 de oficio telefonista. Comezou como modernista, publicou en <Los Quijotes>, <Cervantes>, anunciou un libro, nonnato, Estuario e marchou a Valencia. Militante da CNT, feminista, periodista, fundou <Mujeres Libres> e dirixiu na guerra <Umbral>. Amiga do pintor galego Fernández Mazas, pero tamén do falanxista Eugenio Montes. Tras a guerra marchou ao exilio e en 1975 comezou a ser recuperada grazas a Mary Nash e hoxe está xa compilada a súa poesía. Colaboradora de <Cosmópolis>, <Martín Fierro>, <Plural>, <La Gaceta Literaria>, <Tableros>, <Ultra> de Madrid e <Gran Guiñol>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIV. Unha sombra recuperada: Luciano de San-Saor →

Pantalón de coiro, cinto dourado

MF921A08O-G11@9Marina Losada Vicente. Vestino sentindo que valía máis que todo o contido do meu roupeiro. Un pantalón de coiro, de cor tella, coa etiqueta arrincada para que non o puidese devolver, e un cinto dourado, de moito deseño. Non tiña eu chambra que fose conforme, nin prenda de tanto nivel. Non tiña zapatos á altura das circunstancias, nin bolso que lle fixera bo acomodo. Por non ter, non tiña costume de achegarme aos escaparates onde se podería vender unha peza dese importe.            Un día chegou ás nosas vidas Elvira, unha muller de aldea costeira, como a nosa, pero na outra punta da provincia. De atopala na volta da esquina sen maquillar, de seguro que non a recoñecería, nin eu nin ti, que tanto te mirabas nela. Seguir lendo Pantalón de coiro, cinto dourado →

Sobrevivir a Chopin

c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4dCésar Alen. Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relación, as que perecen no intento. Só as almas grandes, os espíritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparición no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de… Unha desas almas grandes foi George Sand, a grande escritora francesa, que superou o estigma de ser a muller do músico polaco Chopin, coñecido e recoñecido universalmente. Pero ela fíxoo, e fíxoo con éxito, con coraxe, cunha absoluta entropía, que nun xogo de contrastes levouna a atopase a si mesma. Seguir lendo Sobrevivir a Chopin →