Xosé Manuel Lobato. Seleccionar para etiquetar, con meticulosidade foron elixidas cada unha das rochas, pedra a pedra e croio a croio despois dunha profunda inspección. Semellaba que tanta substancia de orixe pétrea ía formar parte dunha creación ornamental, como a vida mesma. Seguir lendo Relicario maxín
Mascotas e animaladas
Francisco Ant. Vidal Blanco. Di Xulio que hai certas semellanzas entre aqueles escravistas doutro tempo e certos donos de animais (cando son amos e non protecto-res), que asemade teñen as mascotas para adorno, ofensa ou xoguete, e non para redi-milas dun mal estar ou para usar os benefi-cios que aportan sen abuso nin imposición Seguir lendo Mascotas e animaladas
Magdalena Losada
X. Ricardo Losada. Sempre me gustou esa idea (por sublime e necia ao mesmo tempo) que Borges desenvolve dunha forma insuperable no relato Pierre Menard, autor del Quijote. Se unha persoa escribe en 2017 o Quixote tal cal o escribiu Cervantes, sería un libro completamente diferente. Como hoxe teño un día transgresor e estou con ganas de experimentar, vou levar a cabo esa idea cun comentario de Magdalena a outro meu, neste mesmo café, no que me estrañaba de que Magdalena non protestase Seguir lendo Magdalena Losada
Asedio irmandiño
Domingo Regueira. Unha charanga con aire marcial aparece pola Arrochela arrastrando tras de si unha nube de po que envolve dúas ringleiras de irregulares. Encabezan as mesnadas Xoán de Santiago (principal dos irmandiños), e Estevo de Xunqueiras amo de canto crece no seu feudo. No Eitón, fronte o Castelo da Mitra compostelán, os sufridos veciños, sedentos de xustiza, braman contra os depravados ocupas. Pandeiros, bombos, aturuxos, cunchas e tintinar de ferros atronan na explanada. Foise o medo, e agora os verros, insultos e maldicións, voan coma frechas envelenadas cara aos malfeitores. Seguir lendo Asedio irmandiño