Gonzalo Trasbach. Algúns pensan e afirman que a eclosión da década de 1960 tivo lugar en 1968, e, polo tanto, foi o ano en que se produciron os mellores discos daquela época. Pode que así sexa. Na fin de contas, o malestar que latexaba debaixo da costra suntuosa do hipismo e o hedonismo reinantes no mudo occidental emerxeu e saltou ao primeiro plano pola guerra de Vietnam, pero acadou o seu cumio no chamado Maio do 68, coa irrupción dun movemento que fixo tremer os alicerces da República francesa Seguir lendo Johnny Cash renaceu no 1968
Nikolo Koba
Xerardo AgraFoxo. A ruta atravesaba poboados con vivendas moi vulnerables. Semellaban adormecidas, sen persoas nas portas, nin canastros coas mercadorías. Só cobraban vida aquelas aldeas situadas nas encrucilladas. Destes lugares saían cara ao leste carreiros que se perdían nas faldras do Fouta Djallón, onde nacían os regatos que morrían na conca do Gambia. Seguir lendo Nikolo Koba
Os soños da sombra
Fidel Vidal. “Soñei co meu pai, e el non sabía que estaba morto” (Hamlet). Freud interpreta o soño con categorías edípicas: o absurdo do morto que non sabe que o está, vén encubrir algo horroroso: que esa morte foi desexada por quen soña. O desexo edípico de matar o pai constitúe o motor do soño. Mais o traballo do soño é quen de transformar o desexo de morte en algo risible. O Hamlet de Lacan non acepta a tese edipiana deste soño: “Ese desexo de morte do pai algunha vez foi seu (até aquí Freud). Seguir lendo Os soños da sombra
