O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá

agraXerardo AgraFoxo. A absorción progre-siva das terras de Noia por parte da Mitra provocou que os veciños tivesen que pagar numerosos impostos. Os que se abonaban relacionados coa guerra eran tres: Fonsado (obriga de presentarse armados cando fose necesario), fonsadeira (tributo que pagaban algunhas persoas que non podían ir á guerra) e anubda (obriga de reparar os castelos e fortalezas dos arcebispos). Seguir lendo O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá →

Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee

1421321.jpg-c_300_300_x-f_jpg-q_x-xxyxxIgnacio Castro Rey. A película de Lee comeza cun mozo túzaro que traballa nunha granxa familiar cravada nunha paisaxe desolada do norte de Inglaterra. Roña, animais de parto, frío, vellos aldeáns, traballo sen termo. Algunhas noites, para desesperación do seu pai e a súa avoa, Johnny desafógase nunha taberna da vila máis próxima, onde bebe ata o vómito e ten sórdidos encontros homosexuais. A nación que foi tan puritana neste aspecto, segue obrigando os “sodomitas” a breves encontros clandestinos. Seguir lendo Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee →

O tempo da imaxinación

8434986-una-persona-de-dibujos-animados-ejecuta-una-carrera-contra-el-reloj-en-un-tiempo-en-un-dia-ajetreadoX. Ricardo Losada. Hai pouco vin unha película arxentina sobre un escritor desa nacionalidade gañador do premio Nobel de Literatura que, despois de moitos anos fóra, volve á súa vila natal. É unha das fantasías máis recorrentes da miña imaxinación desde hai moitos anos. Non me chamedes ególatra ou iluso antes de saber que a fantasía non consiste en obter o premio Nobel (ata as fantasías teñen sentido do ridículo), senón en volver á miña vila natal, Rianxo, despois de estar moitos anos fóra. Seguir lendo O tempo da imaxinación →