Inés Otero. Esta orixinal película, baseada na novela de Amoz Oz publicada co mesmo título e traducida a 28 idiomas, conta a traumática mocidade do escritor xudeu durante a época do Mandato británico en Palestina e os primeiros anos do Estado de Israel. Unha vida arrepiante por culpa das circunstancias que arrodearon o suicidio da súa nai (cando a vida non logrou cumprir as promesas da mocidade, miña nai comezou a concibir a morte como un soño protector e relaxante). Un tráxico acontecemento que se convertería nunha sombra impertinente na vida do autor de A caixa negra. Unha historia de amor e escuridade (2016) está ambientada no casco histórico de Xerusalén, onde el viviu nu apartamento ateigado de libros en dez idiomas Seguir lendo Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman
Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son
Pastor Rodríguez. Pouco de Porto do Son lle ficou alleo a Manuel Mariño del Río, nado nesa vila en 1955. Así, sobre a cultura marítima: A industria derivada da pesca no concello de Porto do Son (1996), sobre os asentamentos conserveiros no municipio do s. XVIII ata comezos do XX; A carpintería de ribeira en Porto do Son (1994), na que a través do traballo cotián dun carpinteiro de ribeira explica a construción dos barcos de pesca, a ferramenta dun estaleiro e a fasquía dos barcos; complementa este eido con artigos como “Constructores de barcos desde hace cien años” (1991) Seguir lendo Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son
Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica
Gonzalo Trasbach. Queridos/as ami-gos/as, inimigos/as (pois todos formades parte do Karma, como diría Ernst Jünger). O círculo péchase coa chegada doutro inverno. Nesta mesma estación abriuse a xanela da grande colleita musical de 1967, aquel ano que algúns consideran o máis frutífero da música pop-rock-blues-country, para presentar o debut dos Doors e un novo disco dos Rolling. Seguir lendo Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)
Fidel Vidal. O número 7 non semella aparecer demasiado agochado e moito menos perigoso, se ben pode mellorar nas grandes ocasións se lle descontamos 1 e o convertemos nun 6. Xogando á “espectra-lidade”, existen recordos na infancia de Mallarmé que nos remiten a ese mesmo díxito: “Perdín, moi neno, a miña nai, con 7 anos Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)