Manuel Romero Castro. Pintor

romero
«Journey to the Stars, VIII». 2002

Eme Cartea. Noiés de nacemento e de corazón dende 1943, a vida deste extraordinario pintor, abraiante de trazos e de sabor dickensianos, sería digna de ser novelada. A súa orfandade demasiado temperá empúrrao a sobrevivir entre hostilidades agrestes e rebeldías adoles-centes ata que, con 21 anos, emigra a Londres. Seguir lendo Manuel Romero Castro. Pintor →

Operación Anthropoid, de Sean Ellis

anthropoid-688630298-largeXerardo AgraFoxo. No ano 1942 un comando de paracaidistas checos aterrou en Bohemia coa misión de matar a Reinhard Heyndrich, o oficial das SS enviado por Hitler para controlar Checoslovaquia. Reinhard, coñecido como o “carniceiro de Praga” despois de matar a máis de 5000 checos, era un dos artífices da “solución final” e o terceiro home do Reich despois do Führer e Heinrich Himmler. Ademais de matar a milleiros de xudeus, enviou a máis de 50.000 ao campo de concentración de Terezin e ordenou a deportación doutros 100.000. A Operación Antropoide, apoiada por Winston Churchill,  tamén tiña  como obxectivo subir a moral do pobo checo. O atentado tivo lugar  o 27 de maio de 1942. Seguir lendo Operación Anthropoid, de Sean Ellis →

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)

7173779.image_Fidel Vidal. En outubro de 1864, Mallarmé escribe a Cazalis: “Finalmente comecei o meu Herodías. Con terror, porque invento unha linguaxe que debe necesariamente xurdir dunha poética moi nova, á que só podería definir así: pintar, non a cousa, senón o efecto que produce. O verso non debe, pois, comporse de palabras senón de intencións, e todas as palabras deben desaparecer ante a sensación. Quero, por primeira vez na miña vida, lograr algo. De non conseguilo, endexamais tocarei unha pluma”. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II) →

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Cuberta+lomboFidel Vidal. Mallarmé é o creador dun impresionismo literario. Escribiu que a súa intención era “pintar non a cousa, senón o efecto que produce”, polo que o verso non debía comporse de palabras, senón de intencións e que, ante a sensación, se borrasen todas as palabras. O depresivo Juan Ramón Jiménez, malia aceptalo como un poeta artificial (arte con oficio) mais un poeta indiscutible, referíase a el coma o “triste Mallarmé”, un poeta na procura dun alén da idea pura, detrás da invención dunha nova poética. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I) →