Ignacio Castro Rey. Toda esta obriga de ter éxito, de ser popular, divertido, é pois unha fonte de novas formas de infelicidade, de maltrato e ninguneo. Para empezar, o espectáculo continuo que nos invade (con tarifa plana: igual que os ventres, as pantallas e os encefalogramas) conseguiu un secuestro sen precedentes da atención. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (III)
A cesárea dunha nova humanidade? (II)
Ignacio Castro Rey. Non é sequera medo. Sinxelamente, o que é lento, o sombrío e difícil resulta aburrido para eles, anticuado e inútil. Por iso, cando non teñen máis remedio que asistir a algo diso, sexa en clase ou na casa, éntralles soño. De aí os bocexos e as caras abstractas das “pallas mentais”. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (II)
A cesárea dunha nova humanidade? (I)
Ignacio Castro Rey. Xeneralizar é abusi-vo e perigoso. Mesmo cruel, esaxerado, inxusto. Pero sen xeneralizar non se pode pensar nin discutir nada, xa que entón quedamos só en casos particulares, onde cada un é fillo de súa nai e pouco hai que dicir. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (I)
Preguntas sen resposta

Francisco Ant. Vidal Blanco. Certa-mente, hai preguntas que non teñen resposta e outras que non se contestan por educación ou porque non se sabe que dicir. Tamén hai respostas que se dan sen pensar e outras que se dan por rutina. Pero como queira que sexa, as preguntas máis difíciles non son interrogativas, senón afirmacións de dubidosa concordia, que nos fan preguntarnos que hai de certo no dito. Seguir lendo Preguntas sen resposta