Foise co vento

incendio-forestalAntón Riveiro Coello. E si, o vento foi culpable, tanto coma eses terroristas do lume que un xa non sabe se o seu lugar no mundo debería estar no cárcere ou nun psiquiátrico. E tamén poderiamos culpar a chuvia, un remedio infalible para apagar os incendios, pola súa ausencia. Pero unha vez máis, e por desgraza, a culpa ten raíces máis fondas que as das propias árbores. Seguir lendo Foise co vento →

Fillos abandonados

imagesFidel Vidal. Sen amor e sen coidados os fillos carecerán de afectos que compartir na vida. De haber amor e este se perde, buscarase noutro lado, incluso na transcendencia dun deus. Aquí ninguén se pode meter, é cousa exclusivamente de cadaquén. Un deus en exclusiva, esixente, tan esixente e egoísta, non vai permitir outra presenza que a del, ser todo en todo, e no caso do místico loitará por lle dar gusto, intentándoo por todos os medios: sen comer -o xaxún purifica-, sen sentir –se acaso a dor do silicio para sosegar os apetitos do corpo-, sen ver –“nós estamos por non ver”-, sen saber –só a fe fainos sabios-, en fin, non ser, ou ser nada para que Deus sexa todo.     Seguir lendo Fillos abandonados →

Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz

libros_2802X. Ricardo Losada. Están a piques de converter en museo a casa de Rafael Dieste en Rianxo. Paréceme ben, pero agora, cada vez que paso por diante, apodérase de min un sentimento de tristeza. A casa de Dieste é, quizais, a casa con máis vida intelectual, artística e social da historia de Rianxo. Dieste medrou nun ambiente cosmopolita pois, cando naceu, a familia acababa de chegar de Brasil. O famoso periódico El Barbero Municipal, co mesmísimo Castelao á fronte, editábase no baixo da casa. As visitas de profesores universitarios eran constantes e as conversas dun nivel intelectual altísimo. Os irmáns aprendéronlle matemáticas, física e química (tiña un pequeno laboratorio) pero tamén literatura, filosofía, historia e música (tocaba o piano). Seguir lendo Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz →

A Quiet Passion, de Terence Davis

A-Quiet-PassionXerardo AgraFoxo. Esta é unha película de Terence Davis (Liverpool, 1945), o mesmo  director de The Deep Blue Sea (2011) e Sunset Song (2015), o gran clásico da literatura escocesa. Neste caso conta a historia da gran poetisa norteamericana Emily Dickinson (1830-1886), que, despois dun trauma emocional padecido cando era una cativa, se recluíu na casa dos seus pais en Amherst (Massachusetss), onde viviu coma una refuxiada, retirándose da vida social. A película desenvólvese na súa totalidade ao redor da casa familiar onde se mostrou como unha muller dunha extraordinaria intelixencia e alta sensibilidade, pero tamén unha persoa mordaz e desafortunada. Seguir lendo A Quiet Passion, de Terence Davis →