Breves como fotos, outro convite de Berger (II)

berger1Fidel Vidal. A morte (“dominio de Deus”) vén acuñada no primeiro trato xenético como inherente á vida e na que, agás en determinados momentos, non pensamos. Levámola connosco sen decatármonos. Pertence exclusivamente a cada un de nós. Intransferible, malia os desexos dalgúns por ocuparen o lugar (a morte) doutros, en especial os seres mais queridos. “A morte de un é xa de un mesmo. Non pertence a ningún outro, nin tan sequera ao asasino. Isto quer dicir que forma parte da propia vida desde o comezo.” (J. Berger, páx. 34). Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (II) →

Breves como fotos, outro convite de Berger (I)

nordicaFidel Vidal. Dividida en dúas partes que tratan do tempo e do espazo (1/Unha vez, 2/ Aquí), a obra E os nosos rostros, a miña vida, breves como fotos, de John Berger (Blume, 1986), supón, segundo algúns autores, a culminación deste orixinal e comprometido escritor. Entre esperanzadas e profundas reflexións ás que nos convida Berger, onde o mesmo nos ofrece uns poemas seus que analiza a obra de Van Gogh ou de Caravaggio (“Unha noite na cama preguntáchesme polo meu pintor favorito. Dubidei, intentando dar coa resposta menos deliberada, máis sincera. Caravaggio. A miña propia resposta sorprendeume” (páx. 82), ou pregúntase polo amor: “Que é o que me leva a amar?”, “canto tempo significa para sempre?” Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (I) →

Mark Zuckemberg omnipotente

Mala-posturaX. Ricardo Losada. Imaxina que un día espertas e, sen ti sabelo, un Ser omnipotente reduciu as túas dimensións corporais á cuarta parte. Daríaste conta do cambio se o resto de obxectos e persoas que hai ao teu redor se reducisen na mesma proporción? Por suposto que non. Dirás ti, aquí está outra vez o X. Ricardo este con situacións inverosímiles, mesmo ridículas, a quen se lle ocorre? Si? Pensáchelo? Seguir lendo Mark Zuckemberg omnipotente →