Moscas

moscasAntón Riveiro Coello. Non vou aplaudir os actos contra o turismo que se están a levar a cabo en diversas cidades; son feitos máis que rexeitables nunha sociedade democrática coma a nosa. Pero si quero defender o dereito a protestarmos contra algúns tipos de turismo porque non é ouro todo o que reloce. Adoitamos xustificar todo coa riqueza económica. Por iso, queixarse de que na túa vila o turismo está a estragar o mellor do entroido pode parecer a arroutada dun aburrido ou de alguén que non ten negocio ou carece de orgullo local. Seguir lendo Moscas →

Ollando no Alén

guadalupeXosé Manuel Lobato. Monstros de auga e vento… Fiel e puntual chega a grande cita de Rianxo, a celebración das súas festas para venerar a virxe da Guadalupe, a icona moreniña destas terras rianxeiras.

Os que non somos nativos, aínda que admiramos con intensidade esta vila mariñeira e as súas xentes, non entendemos un Rianxo que non mire o mar, ese mar cantado por Manuel Antonio que por veces agarima e outras moitas fere con crueza. Tampouco visualizamos nin imaxinamos esta vila sen as festas da Guadalupe. Seguir lendo Ollando no Alén →

Galicia e os galegos na poesía castelá LXVI. Un modernista: Villaespesa

villaespesa1Román Arén.  Francisco Villaespesa (1879-1936) foi un dos poetas españois máis populares nas primeiras décadas do século XX, prolífico e colorista, o modernista por excelencia para o gran público, vítima da súa propia facilidade versificadora e tamén popularísimo en Hispanoamérica. Aínda así, nos nosos días medra o interese pola primeira etapa da súa poesía (publicou máis de corenta poemarios), a máis decadente e modernista: Tristia rerum (1898), La copa del rey de Thule (1900), La musa enferma (1901), El alto de los bohemios (1902) ou Rapsodias (1906). Foi tamén un cultivador do teatro poético (escribiu dezasete obras) con títulos como El alcázar de las perlas, El rey Galaor (1912), Aben-Humeya (1913) ou El burlador de Sevilla (1927). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVI. Un modernista: Villaespesa →

De volta á rutina

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. O malo que teñen as vacacións é a data de caducidade: non duran nada. En menos dun mes pasamos da euforia atlética cargando coa maleta dos bañadores, animados pola paga extra de xullo, a volver extenuados co móbil abarrotado de lembranzas, que debe ser a cousa que máis pesa cando retornas ó cotián. Seguir lendo De volta á rutina →