De obxectos e outros seres

floresPatricia Torrado Queiruga. Era un home como tantos outros, facía decote as mesmas cousas rutineiramente, día tras día. Aquela mañá pasou diante dun escaparate e viu un floreiro que creu que se adecuaba ao que estaba buscando. Ao chegar á casa púxoo sobre o sitio máis visible de todos e colocoulle un ramo de flores, as máis fermosas e recendentes que atopou. Esa noite organizou unha cea cos amigos, e os que acudiron gabaron a beleza da peza, as súas formas, a elegancia natural, a delicadeza. O home sentiu medo, sacoulle as flores e púxoo nun lugar agochado, onde non chamase a atención.

Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva

aquelesXerardo AgraFoxo. O teatro de operacións desta ambiciosa novela é o centro penitenciario d´A Lama, unha prisión onde se dan cita cinco mulleres: Valentina, unha colombiana que intenta mellorar as  súas condicións de vida, pero que é detida cun fillo ás costas por exercer de “mula”; Margot, “a mellor puta do Berbés/Barbés,” abandonada polos seus e mergullada no mundo das drogas; Sor Mercedes, que, despois dunha infancia traumática en Monforte, cumpre unha dura condena por roubar bebés –52– para xente acomodada e esterilizar mozas pobres –37–  sen o seu consentimento; Laura, unha moza que se “criou coas vacas”, soña con converterse nunha bailarina de sona, pero que, despois da “tortura da danza” Seguir lendo Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva →