Resurrección e insurrección (do suxeito)

resurreccionFidel Vidal. Resucitar, do latín resuscitare, suscitare, facer mover, devolver a vida a un suxeito. Citar, citare, chamar, convocar, propiamente, pór en movemento. Excitar, do latín excitare, espertar. Resuscitare, facer resucitar, non ten relación etimolóxica con resurrección. Esta deriva de xurdir, surgere, na acepción de se alzar (insurrección, alzamento). A resurrección, vai ser, antes que nada, un alzamento contra a morte, unha verdadeira insurrección. Seguir lendo Resurrección e insurrección (do suxeito) →

Inventos

fellatAntón Riveiro Coello. Se un bota unha ollada á prensa é doado bater con novas sobre aparellos intelixentes que unhas veces nos facilitan a vida e outras nola complican. Estes días reparei en dúas notas curiosas: por unha banda, en Londres abren un café con varios robots que lles farán unha felación aos clientes mentres estes degusten un cortado ou un capuchino; o local seica se chama Fellatio Café. Seguir lendo Inventos →

Enfados metafísicos

Gafas-1X. Ricardo Losada. Non sei por que pero hai algo no mundo dos obxectos que me estimula dunha forma que sempre me sorprendeu. Se estades pensando en xoguetes eróticos, cambiade de canal, vou falar xusto do contrario, xoguetes metafísicos. Se agora, ao oír a palabra metafísica, vos entran ganas de fuxir porque nunca a entendestes, quedade aquí. Seguir lendo Enfados metafísicos →