Román Arén. É Frei Luis de León (Luis Ponce de León), da Orde de Santo Agostiño e de orixe xudía, un dos grandes poetas da lingua castelá, aínda que as súas poesías orixinais sexan unhas trinta. Foi, ademais, gran tradutor, sobre todo do Cantar dos Cantares, prosista destacado con De los nombres de Cristo (1583) e La perfecta casada (1583, fortemente antifeminista), profesor en Salamanca e autor de obras latinas. Nacera en Belmonte en 1527 e falecerá en Madrigal de las Altas Torres en 1591. As súas poesías foron editadas por Quevedo en 1631, e entre elas hai dúas odas a Pedro de Portocarrero. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXV. Frei Luis de León
Souteliño
Xosé Manuel Lobato. Despídese un solleiro día do mes de agosto deste val, unha fermosa cunca profunda entre montañas fumegantes, doentes serras que foron devoradas polas lapas implacables deste verán. Chiscar ata esgotar os últimos folgos dunhas raiolas solares que xa expiran, mais a noite que nos abraza semella que emerxe luminosa, por detrás da Serra da Lúa comeza a divisarse o máxico encanto dun intenso plenilunio. Seguir lendo Souteliño
Cáscara de nuez, de Ian McEwann
Xerardo AgraFoxo. O protagonista desta obra é o mesmo narrador, un ser que aínda non naceu ( “Así que aquí estou, cabeza abaixo dentro dunha muller”). Dende o seo materno non só comprende a realidade internacional (Desunión Europea ou o drama dos refuxiados) e sente debilidade literaria por James Joyce, pois escoita a radio e os libros audio que le súa nai, senón que é testemuña privilexiada da preparación dun crime: o que trama súa nai (Trudy) e o seu amante (Claude), un prosaico axente inmobiliario que, ademais de lle pór medo cos seus accesos amatorios (“En cada envite do seu pistón teño medo de que traspase, de que me penetre os tenros ósos do cranio”), é irmán de seu pai, (John), un poeta fracasado que intenta superar os problemas matrimoniais e salvar o seu negocio editorial. Seguir lendo Cáscara de nuez, de Ian McEwann
Corpo e redención
Fidel Vidal. A experiencia da alma sen corpo, o arroubo, a éxtase, á que se quere chegar mediante a “contemplación”, é semellante a unha vivencia de desdobramento que se dá nos trastornos histéricos de despersonalización, como estar fóra do corpo para velo non desde dentro ou como reflectido nun espello, senón para ollalo desde a distancia, desde fóra. Saír dun mesmo e verse cara a cara en dualidade. Filiberto Fernández escribiu un libro titulado Psique sen corpo que podería dar nome a este desexo dos que consideran o corpo como un impedimento ou atranco para se achegaren á beira de Deus. Seguir lendo Corpo e redención