Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

ee9184ed-10b0-40f8-a130-2a07c367b1a1_1510790400Gonzalo Trasbach. Para Magdalena e Carme. Este texto sobre unha das mulleres máis incendiarias que poboan a miña secreta caligrafía sonora feminina atrevida foi ideado cando tiven unha pequena polémica con estas dúas amigas e colegas deste Café literario. Para quen ademais quero recuperar o que dicía o compositor e pianista norteamericano John Cage: <A música é unicamente atreverse a escoitar os sons do mundo antes de que callen nun signo, en linguaxe codificada ou moeda corrente> (é isto o que a música ten de (in)humano?). Continue reading Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento

portada mandela.inddPilar Sampedro. Factoría K publica Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade da autoría de Antonio Lozano e traducido por Ramón Nicolás. Antonio Lozano xa conta con outro texto traducido á nosa lingua, Eu son Suleimán. Unha boa novela que trata dos traballos dun rapaz africano que chega ao noso país despois de mil vicisitudes, pero non para acadar o paraíso senón para volver ao punto de partida ao que o devolven no final do relato. Unha historia triste da que semella ter caído a esperanza. Unha narración que se converteu nunha obra teatral moi representada en Canarias. Agora, volve a África para contar a historia de Mandela a través do relato dun mozo que vén sendo o seu bisneto. Continue reading Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento

Os nosos

nino-zapatos-nuevosMoisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar  espida por toda a casa. Sempre lle gustou  ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá  vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na  casa adoitaba preguntar:  ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”. Continue reading Os nosos