Ignacio Castro Rey. O terrorismo do impacto é a única forma que temos atopado para acadar un bo simulacro de continuidade nunha cultura que debe fragmentar a vida mortal, fuxindo da súa duración coma da peste. O encadeamento de estoupidos informativos logra unha especie de continuum que cobre o día con atención cativa. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (II)
Do terrorismo incrustado (I)
Ignacio Castro Rey. Grandes urbes, aglomeracións de cristal, de aceiro e rostros maquillados. Rañaceos, pantallas xigantes, conexións multiplicadas. E o espectáculo dunhas luces perpetuas que nos cobren cun ceo de deseño. Coma se non fose suficiente a sinxela vida, estamos embarcados nunha desapiadada metafísica da elevación, da que tampouco é fácil librarse a través de ningunha das nosas respectadas minorías LGTBI. O elitista debate en torno á maternidade subrogada agocha talvez que a nosa vida e a nosa sensibilidade son xa subrogadas. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (I)
Carta de Syd Barret para Toña
Gonzalo Trasbach. Dear Toña. Son Syd Barret. Supoño que algunha vez oirías o meu nome. De ti faloume en varias ocasións un vello amigo. E é por este motivo polo que che quero contar unha pequena historia: durante moitos anos habitei nun terreo límbico. Estando alí, pasaba os días mirando para a mesma ventá: a televisión. Mais, hai xa once, mudeime a un dos vales que hai no País de Alicia. Aquí, vago entre os arboredos coma estrela sen luz, sempre cantando o mesmo retrouso: “Deus sabe que somos almas solitarias. Son unha alma solitaria…” Pero, sabes unha cousa, querida Toña? Houbo un tempo no que brillei coma unha estrela, unha rutilante supernova, no firmamento sónico da psicodelia. Seguir lendo Carta de Syd Barret para Toña
A historia seguinte, de Cees Nooteboom
Fidel Vidal. A historia seguinte (Siruela, 2000), premiada co Aristeion europeo de Literatura e co Grinzane Cavour, relata as vivencias do profesor Mussert que ensina latín e grego, é dicir, linguas mortas ou, na boca dun dos alumnos, “morto, profesor de linguas”. A novela, de pouco máis de cen páxinas, despois de que o narrador diga que nunca tivo un interese esaxerado “pola miña propia persoa”, arranca cunha extraordinaria secuencia: “Acordei coa ridícula sensación de que talvez xa estaba morto, pero nese intre non puiden determinar se xa estaba morto de veras, se xa estivera morto, ou se pola contra non o estaba”. Seguir lendo A historia seguinte, de Cees Nooteboom